Trump destitúe a fiscal xeral que se negou a defender o veto migratorio a varios países musulmáns. Sally Yates instou avogados e fiscais a non defender as medidas antiimigración por non estar convencida de que fose legal.

Trump destitúe a fiscal xeral que se negou a defender o veto migratorio a varios países musulmáns. Sally Yates instou avogados e fiscais a non defender as medidas antiimigración por non estar convencida de que fose legal.
VÍDEO | Un xogador do Compostela evita marcar un gol aproveitándose da lesión do porteiro rival, do Alondras. O xesto de fair play Santi Fernández está a ser aplaudido no mundo do fútbol pola súa deportividade. O encontro rematou cun 2-4 a prol do equipo compostelán. (Imaxes da TVG difundidas pola SD Compostela]
A ministra de Cultura da República Árabe Saharaui Democrática, Jadiya Hamdi, visita este martes a Facultade de Educación da UDC. Hamdi está en Galicia con motivo da presentación da película Leyuad. Un viaje al pozo de los versos de Gonzalo Moure, Brahim Chagaf e Inés Aparicio
O pleno extraordinario para a presentación dunha cuestión de confianza vinculada á aprobación dos Orzamentos da Coruña celebrarase este sábado ás 12.30. O alcalde, Xulio Ferreiro, reitera a intención do equipo de Goberno "de chegar a un acordo" co PSOE, aínda que sinala que “as circunstancias non cambiaron desde o pasado venres e non hai convocada ningunha xuntanza da comisión negociadora".
Aumentan os casos de cancro por riba das estimacións, pero tamén as taxas de supervivencia aos tumores. Conclúeo un estudo da Sociedade Española de Oncoloxía Médica presentado este luns
Seis mortos nun atentado contra unha mesquita en Quebec. O Goberno destaca que é un ataque contra "musulmáns nun centro de culto e refuxio".
Colau e Domènech presentan Un País en Comú, a nova formación catalá, e insisten na súa aposta polo referendo e a loita contra os "recortes criminais".
Hamon vence a Valls nas primarias e será o candidato socialista á presidencia de Francia. As enquisas indican que, no entanto, non terá un papel relevante nos comicios.
A xustiza ordena reabrir o caso dos insultos machistas a Carmela Silva. Unha xuíza de violencia de xénero considerara "liberdade de expresión" chamar "mala zorra", "furcia", "hija de puta" e "sinvergüenza" á presidenta da Deputación de Pontevedra, como fixera o edil do PP de Moraña que dimitiu por este motivo
Novo asasinato machista en Galicia. Un home mata a súa muller a coiteladas no Carballiño e as forzas de seguridade evitan que se suicide. O mes pasado, dúas persoas foron asasinadas por violencia de xénero no país.