O beneficio neto do grupo Telefónica ascendeu en 2011 a 5.403 millóns de euros, vén de informar a compañía que preside César Alierta. É un 46,9% menos que en 2010, cando se converteu na primeira compañía en superar os 10.000 millóns de beneficios. Aínda así, Telefónica plantexou e levou a cabo un ERE.
