O Supremo mantén a Oriol Junqueras na cadea. Os xuíces do tribunal deciden por unanimidade non corrixir a decisión do maxistrado que ordenou o encarceramento do líder de ERC.
Fálase
O Supremo mantén a Oriol Junqueras na cadea. Os xuíces do tribunal deciden por unanimidade non corrixir a decisión do maxistrado que ordenou o encarceramento do líder de ERC.
La Región, El Correo Gallego e Atlántico Diario publican un artigo de opinión de Xabier Vila-Coia que pon en dúbida que o caso de "La Manada" se poida considerar unha violación. "Someteuse ou deixouse facer?", preguntase o autor, que engade que "a pasividade non necesariamente conleva sometemento" e afirma que neste tema "entran en xogo os prexuízos sexuais, ademais do interese por obter rédito político"
Multados cinco activistas en favor do referendo catalán por unha mobilización na Coruña. A sanción proposta para cada un deles é de 900 euros. Cóntao La Opinión.
Galicia tardará, ao ritmo actual, case cinco anos en recuperar o nivel de emprego que tiña en 2007. Aínda hai 97.060 postos de traballo menos que os que había antes da crise.
Case cinco millóns de traballadores e traballadoras non tiveron suba salarial nos últimos dez anos. Os incrementos foron menores nos convenios de empresa que nos de ámbito superior.
O número dous de Feijóo no PPdeG cualifica de "fracasada" á alcaldesa de Lugo por non superar a cuestión de confianza en pleno. Tellado faino despois de certificarse, coa postura de Lugonovo, que é practicamente imposible que o PP poida artellar un goberno alternativo, xa que pasaría obrigatoriamente por un pacto con Ciudadanos, pero tamén co BNG e mais ACE. Afirmouno nunha rolda de prensa sobre os plans do partido para 2018.
Facenda comunica ao Concello de Vilalba a cesión do xacemento paleolítico de Pena Grande, que estivo a piques de ser vendido. A poxa non foi paralizada ata finais do pasado novembro aínda que dende varios meses antes Xunta e Goberno central sabían que a venda incluía esta xoia arqueolóxica.
O BNG envía a Rajoy unha biografía de Rosalía como agasallo de Reis para que "entenda" por que a poeta "substituíu un militar golpista no rueiro de Pontevedra". O volume vai acompañado dunha carta do deputado Luís Bará na que retruca á "estrañeza" manifestada polo presidente do Goberno central a respecto da desaparición do militar golpista Salvador Moreno do rueiro pontevedrés.
VÍDEO | Salvamento Marítimo rescata a 110 millas da Coruña entre ondas de 6 metros o tripulante dun buque que sufriu problemas cardíacos