Terbutalina, Agoraphobia, The Lákazans, Eladio y los seres queridos ou Ángel Stanich, no cartel do Surfing the Lérez neste 2018. O festival, presentado este venres, celébrase o vindeiro 16 de xuño na Illa das Esculturas de Pontevedra. Recólleo Pontevedra Viva
Fálase
O alcalde de Santiago, de permiso de paternidade as vindeiras catro semanas polo nacemento do seu segundo fillo. As funcións de Martiño Noriega durante este período serán asumidas pola primeira tenente da Alcaldía e concelleira de Facenda, María Rozas.
A Fiscalía alemá volve pedir a extradición a España do ex-presidente catalán Carles Puigdemont por rebelión e malversación, como xa fixera en abril. A decisión volve estar novamente nas mans do tribunal de Schleswig-Holstein, que daquela rexeitou a entrega por rebelión.
A Audiencia Nacional condena os mozos de Alsasua por desordes públicas pero non por terrorismo.
O Diario Oficial da Generalitat publica este venres o nomeamento dos novos membros do Goberno catalán, paso previo ao levantamento do artigo 155.
O M5S e a Liga Norte acordan un novo goberno con Giuseppe Conte como Primeiro Ministro e outro responsable de Economía, desprazando a Paolo Savona -rexeitado polo Presidente da República pola súa posición contraria ao euro- a outra carteira
Rosario Álvarez, nova presidenta do Consello da Cultura Galega. A catedrática de Filoloxía Galega substituirá a Ramón Villares na fin do seu mandato.
Estados Unidos anuncia novos aranceis para a Unión Europea, que anuncia que responderá con novas restricións aos produtos estadounidenses.
A Xunta aproba o decreto de axudas aos afectados pola explosión do almacén pirotécnico de Tui. Os solicitantes só terán que acreditar o título de propiedade da vivenda e o Concello de Tui que se trata dunha das vivendas afectadas.
Feminicidio.net inicia a publicación dunha serie de informes sobre a violencia sexual en España, cunha análise sobre as agresións sexuais múltiples producidas nos últimos anos ou da influencia da pornografía.