Publicadas as listas provisionais para as primarias de En Marea. Nelas hai xente relevante de Podemos e varios deputados actuais de AGE.
Fálase
Portugal recibe axuda internacional para combater os incendios. En Madeira o lume chegou á capital, Funchal, onde morreron tres persoas. No continente, os incendios máis próximos a Galicia van remitindo.
ACTUALIZAMOS | Cinco incendios que suman preto de 2.000 hectáreas supoñen risco para a poboación a primeira hora desta tarde. Son os rexistrados en Santiago (parroquia de Fecha), Porto do Son (Baroña, Queiruga e Xuño), Cee (Sembra), Arbo (Mourentán) e Crecente (Albeos). Foi desactivado o risco en Avión e nos dous grandes lumes de Soutomaior.
18 listas preséntanse ás primarias de En Marea, onde votarán, cando menos, uns 6.000 inscritos. 7 por Pontevedra, 5 pola Coruña, 3 por Lugo e 3 por Ourense. Luís Villares vense de presentar como único candidato á presidencia da Xunta pola confluencia. Máis información, esta tarde en Praza.
Multiplícanse os incendios con risco para a poboación. Na mañá deste mércores o lume obriga a manter desaloxos en Redondela, Santiago, dous lugares de Porto do Son, Soutomaior, Avión e Cee.
Donald Trump di que Obama fundou o ISIS e que Clinton foi a "cofundadora". O candidato republicano cre que o Daesh rende pleitesía ao presidente dos EUA.
Ecuador permitirá que Assange sexa interrogado na súa embaixada de Londres. Acordará con Suecia a data na que se realizarán as dilixencias na súa sede diplomática.
Rajoy e Rivera comparten a estratexia de aumentar a presión sobre Sánchez. Ciudadanos e PP utilizarán como base para negociar o documento asinado entre a formación laranxa e os socialistas.
Ciudadanos Galicia avala a reforma electoral de Rivera, aínda que reduza escanos a Galicia. A proposta da formación ao PP suporía que Lugo e Ourense perdesen representación e que Balar deixase a Deputación.
ACTUALIZAMOS | Cinco incendios requiren actualmente desaloxos pola súa proximidade a vivendas: o de Soutomaior-Redondela iniciado este martes e outros catro rexistrados na tarde deste mércores tamén en Soutomaior (Arcade), Santiago (Fecha), Porto do Son (Baroña) e Avión (Nieva). A Xunta actualiza o estado de todos os lumes ás 9.00, 13.30 e 20.00 horas.