O Goberno portugués amplía a gratuidade dos libros de texto e sobe lixeiramente as pensións e prestacións ao persoal público. O Executivo do socialista António Costa, que goberna co apoio do Bloco de Esquerda e o PCP, prevé un novo imposto sobre bebidas, entre outras mudanzas que inclúe no proxecto de Orzamentos para 2017, avanzado polo xornal Público.
