Jordi Évole recibe o Premio Internacional de Xornalismo Manuel Vázquez Montalbán, un galardón que convoca o Colexio de Xornalistas de Catalunya
Fálase
Islandia gáñalles nos tribunais ao Reino Unido e Holanda na reclamación pola quebra do banco Landsbanki. Londres e Amsterdam reembolsaran as cantidades perdas polos seus cidadáns e pasáronlle a factura a Islandia, pero os islandeses rexeitaron o pagamento en dous referendos
A CIG recolle nun vídeo as protestas do persoal das contratas do Concello de Vigo no pleno municipal, suspendido este luns polo alcalde ante as manifestacións dos traballadores e traballadoras
O PP confirmou hoxe que o presidente das súas Novas Xeracións e secretario xeral de Nuevas Generaciones, Javier Dorado, se incorporará ao Parlamento polas baixas dos membros do Grupo Popular que ocupan altos cargos na Xunta. Foi no posto decimocuarto na lista do PP de Pontevedra.
Anova ironiza coa posibilidade de que a presidenta do Parlamento lles prohíba os deputados de AGE "que vaian ao baño acusándoos de terrorismo"
O proxecto para cubrir a praza de touros das Ventas paralízase, de momento, despois do derrubo da cuberta esta madrugada. Polo de agora, gastáronse xa catro millóns de euros.
Navantia asegura que non se construirá o dique flotante en Ferrol. Véñeno de asegurar os directivos da compañía na comisión de seguimento que se está a celebrar entre protestas dos traballadores.
O presidente do Parlamento Europeo cre "vergonzosa e lamentable" a taxa de paro xuvenil de España. Asegura que reducir esas cifras debe ser a prioridade das políticas comunitarias.
Castellano quere vender Novagalicia este mesmo ano pero sen poxa. Pretende unha privatización aos investidores que cre que pode atraer para o proxecto, segundo conta El Confidencial.
A Plataforma das Artes Escénicas celebra unha asemblea aberta ás portas do Salón Teatro para debater a grave situación do sector