A sección oficial da 40 Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo proxecta este luns o documental Tódalas mulleres que coñezo, de Xiana do Teixeiro, á que entrevistamos aquí hai uns meses. Ás 22.45 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Fálase
A Universidade da Coruña investirá Doutor Honoris Causa ao profesor Boaventura de Sousa Santos, nun acto académico que terá lugar no Paraninfo da UDC este mércores ás 12 horas
A xustiza belga rexeita a extradición do rapeiro Valtònyc a España
O Liceo da Coruña logra a Supercopa de hockey tras se impoñer 3-2 ao Barcelona nun disputado encontro. Imaxe difundida polo club coruñés.
Seguen os incendios que atinxen aos parques do Xurés e do Invernadoiro. As estimacións da Xunta indican que atinxen a unhas 32 e 20 hectáreas, respectivamente. Na imaxe, traballos extinción no Invernadoiro o pasado sábado; foi tomada por bombeiros forestais da Brif Laza.
O lanzamento do cuarto satélite galego adíase ata o vindeiro mes de decembro. O Lume 1 forma parte do do proxecto europeo Fire-RS, que coordina a Universidade de Vigo e nos que tamén participan as de Porto e Toulouse, que ten como obxectivo crear unha rede de detección temperá de incendios forestais. Este cubesat tomará o relevo dos exitosos XaTcobeo (2012), Humsat-D (2013) e Serpent (2015)
Fight on a swedish beach, do sueco Simon Vahlne, gaña a Ánfora de Ouro do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, que rematou este sábado despois de nove días de actividades e programación. Matria (Álvaro Gago) obtivo o Premio R á Mellor Curta Galega e o Premio do Público e a francesa Fool time) job fíxose coa Ánfora de Prata.
Os equipos infantil e xuvenil do Bastavales apoian este domingo a comunidade educativa do IES de Brión, que dende hai uns días protesta contra os recortes de profesorado no centro. Nais e pais continuarán este luns o peche iniciado o xoves e seguirán sen enviar os seus fillos e fillas a clase.
O persoal de Seaga inicia este domingo unha folga indefinida que denuncia a súa "discriminación" no acceso a prazas do Servizo de Protección e Defensa contra Incendios Forestais (Spdcif).
O informe de expertos sobre a titularidade da Mezquita de Córdoba conclúe que nunca pertenceu á Igrexa e certifica que a súa propiedade sempre estado ligada ao Estado. Propoñen elevar un recurso de inconstitucionalidade ante o Tribunal Constitucional co obxectivo de anular a inmatriculación