O novo secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, afirma que "se o consenso constitucional avanza cara a un modelo de Estado plurinacional no que existan nacións culturais, Galicia terá que estar no pelotón de saída xunto a Cataluña e País Vasco". O novo líder dos socialistas galegos aposta por un PSdeG-PSOE cunha liña "autónoma" pero "en sintonía" con Ferraz.
