O avogado belga de Puigdemont afirma que o político non acudirá á citación da Audiencia Nacional. Paul Bekaerts afirma que o ex presidente da Generalitat "non tería un xuízo xusto en España" e di que o seu cliente adoptará "a actitude de esperar a ver que pasa"
Fálase
O Códice Calixtino pasa a formar parte do rexistro da memoria do mundo da Unesco. A candidatura foi formulada pola Xunta.
O Supremo cuestiona a causa xeral por rebelión que propón Maza, fiscal xeral do Estado, e inclínase por investigar o Goberno catalán por "conspiración", delito castigado con penas de cadea moito menores.
Un ataque terrorista cunha furgoneta causa oito mortes en Nova York. O vehículo invadiu un carril-bici. O seu condutor, que foi detido, berrou "Allahu akbar" (Alá é grande) tras a acción e a policía investiga se realizou a acción inspirado polo ISIS.
ÚLTIMA HORA | A Audiencia Nacional admite a querela contra Puigdemont e o Govern por rebelión e cítao o xoves para declarar. Máis información aquí.
ÚLTIMA HORA | O Tribunal Supremo admite a querela por rebelión contra a Mesa do Parlament.
A Xunta adía polo momento novas medidas para paliar a seca mentres concellos como Ourense ou Vigo xa anunciaron restricións. Confirmouno este luns a conselleira Beatriz Mato, quen considera que "malo será que non chova" en novembro e decembro. Recólleo Faro de Vigo
O PNV insta a Rajoy a "ollar cara ao PSOE" para aprobar os Orzamentos do Estado para 2018. Os nacionalistas vascos foron claves na aprobación das contas deste ano.
O ex-número tres do PPdeG, Pablo Crespo, sae na defensa do PP no remate do xuízo do caso Gürtel. O avogado Miguel Durán alega na representación de Crespo, considerado un dos líderes da trama corrupta, que o procedemento xudicial foi usado para "perseguir" e "dar patadas" aos populares. Recólleo a Cadena SER
A ex-deputada do PPdeG María José Caldelas, condenada a un ano de prisión por falsidade documental. Segundo a sentenza, que recolle a edición ourensá de La Voz, Caldelas utilizou documentación falsificada para tramitar a licenza do local de hostalería que rexentaba e que acabou anulada polo TSXG. Caldelas foi deputada na lexislatura de 2001 a 2005 e unha das participantes na rebelión 'baltarista' contra Manuel Fraga. É dende 2007 esposa do presidente da Deputación e do PP de Ourense, José Manuel Baltar.