ÚLTIMA HORA | A Audiencia Nacional admite a querela contra Puigdemont e o Govern por rebelión e cítao o xoves para declarar. Máis información aquí.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/59f8b5b32f848-puig.jpg)
ÚLTIMA HORA | A Audiencia Nacional admite a querela contra Puigdemont e o Govern por rebelión e cítao o xoves para declarar. Máis información aquí.
ÚLTIMA HORA | O Tribunal Supremo admite a querela por rebelión contra a Mesa do Parlament.
A Xunta adía polo momento novas medidas para paliar a seca mentres concellos como Ourense ou Vigo xa anunciaron restricións. Confirmouno este luns a conselleira Beatriz Mato, quen considera que "malo será que non chova" en novembro e decembro. Recólleo Faro de Vigo
O PNV insta a Rajoy a "ollar cara ao PSOE" para aprobar os Orzamentos do Estado para 2018. Os nacionalistas vascos foron claves na aprobación das contas deste ano.
O ex-número tres do PPdeG, Pablo Crespo, sae na defensa do PP no remate do xuízo do caso Gürtel. O avogado Miguel Durán alega na representación de Crespo, considerado un dos líderes da trama corrupta, que o procedemento xudicial foi usado para "perseguir" e "dar patadas" aos populares. Recólleo a Cadena SER
A ex-deputada do PPdeG María José Caldelas, condenada a un ano de prisión por falsidade documental. Segundo a sentenza, que recolle a edición ourensá de La Voz, Caldelas utilizou documentación falsificada para tramitar a licenza do local de hostalería que rexentaba e que acabou anulada polo TSXG. Caldelas foi deputada na lexislatura de 2001 a 2005 e unha das participantes na rebelión 'baltarista' contra Manuel Fraga. É dende 2007 esposa do presidente da Deputación e do PP de Ourense, José Manuel Baltar.
Puigdemont marcha a Bélxica ante o inicio das accións da Fiscalía do Estado contra el. Unha eventual orde de detención tería que cursarse a través de mecanismos da Unión Europea. Prevese que compareza ante a prensa en Bruxelas este mesmo luns. Consulta aquí toda a información
A xornalista e poeta galega Marga Tojo, gañadora do premio de poesía para nenas e nenos Cidade de Orihuela coa obra Cara de velocidad. O certame está ligado á figura de Miguel Hernández e impulsado pola editorial galega Kalandraka xunto ao Concello desta localidade.
A seca volve deixar á vista o lendario Castro Candaz de Chantada por mor da baixada do nivel do encoro de Belesar. Esta baixada das augas xa se producira o pasado xaneiro, atraendo gran número de visitas
ERC anuncia que vai "participar" nas eleccións catalás do 21-D e que procurará o xeito de que sexan "unha oportunidade máis para consolidar a República". O seu voceiro, Sergi Sabrià, sinala que o partido aínda non decidiu o xeito en que participará e se será concorrendo a elas de xeito ordinario.