A seca volve deixar á vista o lendario Castro Candaz de Chantada por mor da baixada do nivel do encoro de Belesar. Esta baixada das augas xa se producira o pasado xaneiro, atraendo gran número de visitas

A seca volve deixar á vista o lendario Castro Candaz de Chantada por mor da baixada do nivel do encoro de Belesar. Esta baixada das augas xa se producira o pasado xaneiro, atraendo gran número de visitas
ERC anuncia que vai "participar" nas eleccións catalás do 21-D e que procurará o xeito de que sexan "unha oportunidade máis para consolidar a República". O seu voceiro, Sergi Sabrià, sinala que o partido aínda non decidiu o xeito en que participará e se será concorrendo a elas de xeito ordinario.
O fiscal xeral do Estado anuncia querelas por rebelión, sedición e malversación contra os membros do Govern de Puigdemont e da Mesa do Parlament catalán. Vén de anuncialo José Manuel Maza nunha comparecencia ante os medios. Diversas fontes xurídicas apuntaron nos últimos días que o acontecido en Catalunya non encaixa no tipo penal da rebelión.
A Xunta entregou 14.600 euros ao Arcebispado para as súas Xornadas de Teoloxía. Turismo de Galicia realizou un contrato a dedo para colaborar con esa actividade que o Instituto Teológico Compostelano desenvolveu en Santiago entre o 6 e o 8 de setembro.
O Goberno español retruca á alerta internacional sobre o esgotamento da sardiña no Atlántico asegurando que aínda hai marxe de captura.
A conselleira do Medio Rural nega "un problema político" na xestión do operativo contra incendios e di non saber se as dúas persoas detidas tras a última vaga de lume deben ser ou non cualificadas como "terroristas". Afirmouno nunha entrevista na Cadena SER
Oriol Junqueras presenta como "claves" para "asentar" a República catalá as eleccions municipais de 2019. O líder de ERC afírmao nun artigo publicado en El Punt Avui no que censura as "decisións antidemocrática" do Goberno de España e advirte de que "nos vindeiros días teremos que tomar decisións que non sempre serán doadas de entender".
Milleiros de persoas participan en Barcelona na manifestación convocada pola organización Sociedad Civil Catalana para defender a unidade de España e rexeitar o proceso soberanista. Ao remate da protesta interviñeron, entre outros, o ex-ministro do PSOE Josep Borrell e o antigo líder de IU Francisco Frutos. A organización asegura que un millón de persoas participou na protesta e a Guàrdia Urbana de Barcelona, unhas 300.000.
An Alfaya gaña a segunda edición do premio Xosé Neira Vilas de novela curta coa obra O home de negro. O xurado do certame, que convoca a fundación que leva o nome do escritor, resalta a "capacidade" de Alfaya para "tecer unha historia de intriga cunha economía de recursos na que a linguaxe xoga un papel principal". O galardón será entregado en Gres o 3 de novembro.
O Congreso Nacional do PSdeG aproba a Executiva liderada por Gonzalo Caballero co 71,18% dos votos. Máis infomación, esta tarde en Praza.gal