O presidente das Novas Xeracións do PPdeG perfílase como novo líder estatal das mocidades do PP. Diego Gago vén de anunciar a súa candidatura ao congreso da organización, no que previsiblemente non haberá máis alternativas para a presidencia. Gago é actualmente concelleiro en Vigo e en vésperas das eleccións xerais de 2016 as súas declaracións sobre a Guerra Civil motivaran peticións de dimisión dende o PSdeG.
