Nove de Novembro, 1º filme LGTB en galego, acada o financiamento mínimo para a súa rodaxe: 8.000 euros. A campaña de microfinanciamento na rede remata o vindeiro 15 de marzo e busca agora conseguir outros 5.000 euros para garantir o salario do equipo técnico.
Fálase
PSA confirma a compra de Opel por 2.200 millóns de euros e crea o número dous da automoción en Europa.
El Diario destaca que Ciudadanos baralla as opcións de "moción de censura ou eleccións" como única saída á situación en Murcia. O Goberno teme que unha posible ruptura con Cs na rexión condicione a aprobación dos orzamentos
O PPdeG apela á "sensibilidade" da dirección estatal do PP coa transferencia da AP-9 porque "non é unha demanda soberanista" e os populares galegos "non somos como o BNG", declarou o secretario xeral do partido, Miguel Tellado, nunha entrevista á axencia Europa Press recollida na súa web
#5MSonFeminista A manifestación do movemento feminista clama "contra as violencias machistas e polo empoderamento" nas rúas de Santiago. A información da mobilización que abre a semana do 8 de Marzo en Galicia, esta tarde en Praza.
VÍDEO | Profesionais da música galega de todos os estilos animan á inscrición nos IV Premios Martín Códax da Música, cuxo prazo de presentación de candidaturas remata este domingo. No vídeo, Nastasia Zürcher, galardoada en 2016 na categoría de blues, funk e soul.
VÍDEO | A galega Ana Peleteiro remata quinta na final europea de triplo salto en pista cuberta. Peleteiro era a atleta máis moza da final nun campionato no que logrou a mellor marca da súa carreira. (vídeo de RTVE)
O Sergas decide non renovar o contrato coa empresa de mantemento da súa maquinaria tras constatar "graves deficiencias". Cóntao Faro de Vigo. Ese atención deficiente vén sendo denunciado dende hai anos por sindicatos como CIG-Saúde, que reclama que o servizo volva ser de xestión pública.
Javier Gómez Noya regresa ás Series Mundiais de tríatlon cun gran triunfo en Abu Dhabi. O galego volve así á senda da vitoria tras a lesión que o deixou fóra dos Xogos Olímpicos.
O persoal de Pescanova convoca folga para os vindeiros días 14 e 21 polo bloqueo na negociación do convenio colectivo. A asemblea, convocada por CIG, CUT, UGT e USO e na que participaron unhas 300 persoas, resolveu ademais que o paro sexa indefinido a partir do 3 de abril "se non hai avances" no proceso negociador. (Imaxe: CIG)