Un mozo de 29 anos, morto en Gaza polos ataques aéreos do exército israelí. Son xa 11 palestinos mortos nas últimas dúas semanas polos bombardeos, nunha escalada de violencia na que Hamas disparou uns 130 proxectís
Fálase
Práctica unanimidade en Latinoamérica na condena á destitución de Fernando Lugo como presidente de Paraguai. Cristina Fernández di que Arxentina “non vai convalidar o golpe de Estado", Correa afirma que "Ecuador só recoñecerá a Fernando Lugo como presidente" e Rousseff anuncia que Brasil proporá a expulsión do país de Mercosur e Unasur
Os responsables de vagos.es deciden pechar a páxina, despois de recibir unha notificación do Ministerio de Cultura, ao amparo da Lei Sinde, no que os informaba do procedemento aberto contra mediafire e os instaba a retirar os seus enlaces.
O Tribunal Supremo dálle a razón a un traballador da Caja Rural de Toledo, despedido do seu posto despois de ser obrigado a asinar unha baixa voluntaria. O TS obriga aa entidade a readmitilo.
Hoxe entra en vigor a obrigatoriedade de pagar un euro por receta en Catalunya. A partir do 1 de xullo o goberno español aplicara outra medida de dobre pagamento farmacéutico, polo que se terá que pagar entre un 10% e un 60% do custe das medicinas, en función da renda.
A definición da RAE para manga indigna ao mundo do cómic. O novo diccionario descríbeo como "xénero de cómic de orixe xaponesa, de debuxos sinxelos, no que predominan os argumentos eróticos, violentos e fantásticos". Carles Santamaria, director do Salón do Manga de Barcelona, cualifícao de "aberrante" e di que é unha "mala tradución do Diccionario Óxford"
Google celebra cun doodle o centenario do nacemento de Alan Turing. A empresa rétanos a deletrear google en código binario
O dispositivo contra os lumes redúcese en 363 brigadistas e dous helicópteros. Medio Rural garante que se completarán o “mesmo número de xornadas efectivas” de traballo no monte, "a costa de reducir as xornadas de descanso dos brigadistas"
Comezan a saír nas redes sociais fotos das manifestacións a favor de Fernando Lugo, deposto hai unhas horas do cargo de Presidente do Paraguai polo Senado daquel país. As marchas de partidarios de Lugo multiplícanse polo país e chegan noticias dalgúns disturbios, con feridos e detidos. Esta imaxe mándaa @ndaporta e acusa de "parlachorros" (de parlamentarios + chorros, sinónimo coloquial de ladróns) os senadores que apoiaron a destitución do Presidente electo polo voto popular.
Segundo vén de informar Reuters a través dun tuit, a destitución do presidente paraguaio, Fernando Lugo, foi aprobada no Senado por 39 votos a favor e 4 en contra.