O Tribunal Supremo dálle a razón a un traballador da Caja Rural de Toledo, despedido do seu posto despois de ser obrigado a asinar unha baixa voluntaria. O TS obriga aa entidade a readmitilo.
Fálase
Hoxe entra en vigor a obrigatoriedade de pagar un euro por receta en Catalunya. A partir do 1 de xullo o goberno español aplicara outra medida de dobre pagamento farmacéutico, polo que se terá que pagar entre un 10% e un 60% do custe das medicinas, en función da renda.
A definición da RAE para manga indigna ao mundo do cómic. O novo diccionario descríbeo como "xénero de cómic de orixe xaponesa, de debuxos sinxelos, no que predominan os argumentos eróticos, violentos e fantásticos". Carles Santamaria, director do Salón do Manga de Barcelona, cualifícao de "aberrante" e di que é unha "mala tradución do Diccionario Óxford"
Google celebra cun doodle o centenario do nacemento de Alan Turing. A empresa rétanos a deletrear google en código binario
O dispositivo contra os lumes redúcese en 363 brigadistas e dous helicópteros. Medio Rural garante que se completarán o “mesmo número de xornadas efectivas” de traballo no monte, "a costa de reducir as xornadas de descanso dos brigadistas"
Comezan a saír nas redes sociais fotos das manifestacións a favor de Fernando Lugo, deposto hai unhas horas do cargo de Presidente do Paraguai polo Senado daquel país. As marchas de partidarios de Lugo multiplícanse polo país e chegan noticias dalgúns disturbios, con feridos e detidos. Esta imaxe mándaa @ndaporta e acusa de "parlachorros" (de parlamentarios + chorros, sinónimo coloquial de ladróns) os senadores que apoiaron a destitución do Presidente electo polo voto popular.
Segundo vén de informar Reuters a través dun tuit, a destitución do presidente paraguaio, Fernando Lugo, foi aprobada no Senado por 39 votos a favor e 4 en contra.
A Xunta vén de facer público o Plan de Prevención e Defensa contra Incendios (Pladiga) para este 2012. Finalmente, serán 363 persoas menos as que traballarán no monte durante o verán a respecto do ano pasado. O Goberno xustifica en que as "xornadas" do persoal serán as mesmas grazas á reforma laboral.
"A ciencia é cousa de rapazas". A UE, que necesita un millón de investigadores máis de aquí até o 2020, lanza unha campaña para que as mulleres se interesen máis polos estudos de ciencias, tecoloxía e enxeñarías. As mulleres, maioritarias nas carreiras universitarias, son só o 45% dos matriculados nos doutoramentos e apenas un terzo dos investigadores de carreira. A campaña xerou polémica, por ser considerada sexista, e a Comisión Europea viuse obrigada a substituír o primeiro vídeo, moi criticado.
O presidente da Xunta intervirá mañá na homenaxe ao ex presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar. O acto celebrarase no recinto de Expourense e prevese multitudinario. Estará conducido polo presentador de televisión Xosé Manuel Piñeiro.