A Federación Ecoloxista Galega presenta alegacións á construción da macroincineradora de biomasa en Curtis. A FEG denuncia o "impacto ambiental moi negativo" dun proxecto que foi recuperado pola Xunta tras a modificación da lexislación.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/59416817128fa-590c575dbd970-captura.jpg)
A Federación Ecoloxista Galega presenta alegacións á construción da macroincineradora de biomasa en Curtis. A FEG denuncia o "impacto ambiental moi negativo" dun proxecto que foi recuperado pola Xunta tras a modificación da lexislación.
O fiscal xefe de Ourense pide que sexa xulgada a muller que denunciou a Baltar polo suposto ofrecemento de emprego por sexo. A causa contra Baltar foi arquivada o pasado maio, cando a xuíza resolveu tamén o arquivo da imputación da denunciante. Segundo Florentino Delgado, os Baltar foron "presionados" para delinquir.
O Congreso rexeita a moción de censura de Unidos Podemos ao Goberno de Rajoy con 170 votos en contra, 82 a prol e 97 abstencións. PP e Ciudadanos opuxéronse e o PSOE, como anunciara, optou pola abstención. O máis destacado da segunda xornada do debate, esta tarde en Praza.gal.
Santander di que procurará unha solución aos accionistas minoritarios do Popular que perderon os seus cartos. Asegurouno o seu vicepresidente, Juan Manuel Cendoya. Milleiros de posuidoras de títulos do antigo Pastor preparan demandas xudiciais en Galicia.
Máis de tres mil raios caeron en Galicia este martes, nomeadamente na provincia de Ourense e no sur da de Lugo. Este mércores manteranse as temperaturas altas no interior (34 de máxima en Ourense e 31 en Lugo) e máis frescas na costa (21 graos na Coruña)
As persoas nacidas de 1965 a 1985 serán os que máis perderán coa reforma das pensións, segundo unha simulación realizada pola Fundación de Estudios de Economía Aplicada
O catastrazo no campo dispara case un 20% o IBI do rural en Galicia en 2016. Os concellos baten récord de recadación, con 14,3 millóns
A moción de censura a Rajoy continuará este mércores. Durante a mañá intervirá entre outros o portavoz de EnMarea, Antón Gómez-Reino. Mantense a incógnita de quen pechará o debate, se Iglesias ou Rajoy. Pola tarde, levarase a cabo a votación, de viva voz.
Lidia Senra interveu en galego no pleno do Parlamento europeo para reclamar o cumprimento da Carta Europea das Linguas, demandando a derrogación de todas as actuacións contra a lingua galega postas en marcha nos últimos anos pola Xunta, entre elas o Decreto do ensino. Sumouse a unha iniciativa conxunta na que tamén se escoitaron, por primeira vez nesta lexislatura, intervencións en catalán e vasco
O Tribunal de Contas sinala a falta de "previsións realistas" nas obras do Porto Exterior da Coruña. Nun informe considera que o tráfico non é "acorde" ao investimento e chama a atención sobre a ausencia de conexión por ferrocarril.