Dúas mulleres morreron esta mañá nunha avalancha que se produciu no paso fronteirizo de El Tarajal II, en Ceuta. O suceso afectou a centos de persoas, provocándolles feridas a varias delas. En 2017 outras catro porteadoras marroquíes morreron aplastadas en circunstancias semellantes na fronteira entre España e Marrocos.
Fálase
A UE inclúe por primeira vez a pesca entre as súas liñas vermellas para negociar o Brexit. Está en xogo, entre outras cousas, o futuro dos 140 barcos falegos do Gran Sol
O segundo encontro estatal para a organización da folga feminista do 8 de marzo, celebrado en Zaragoza, serviu para convocar definitivamente un paro nos ámbitos doméstico, laboral, estudantil e de consumo.
A presidenta da Asemblea de Madrid négase a nomear os e as madrileñas presos en campos nazis nunha homenaxe. Un total de 9.030 españois foron recluídos nestes campos, 546 procedentes de Madrid. Neles houbo tamén 180 galegos, dos que 122 morreron alí.
A Fiscalía Anticorrupción recorre o réxime de semiliberdade dos exdirectivos de Caixanova, condenados a 24 meses polas prexubilacións millonarias que cobraron de maneira indebida. A fiscal Pilar Melero pide que se lles retire o segundo grao flexible -que lles permite saír de prisión- e argumenta que aínda teñen causas pendentes coa xustiza.
Valentín Formoso inclúe a Mercedes Rosón -rival nas primarias- na Executiva provincial do PSdeG na Coruña. José Manuel Lage Tuñas será o responsable de Organización
A neve caerá este domingo en Galicia por riba dos 800 metros, especialmente na montaña de Lugo. A neve caída na última semana permitiu abrir as pistas de esquí de Manzaneda. Este sábado a temperatura mínima deuse na Veiga (Ourense), con -3,6 graos
300 vehículos participaron este sábado en Burela nunha caravana reivindicativa contra a supresión da área sanitaria da Mariña.
Siervo González Rivas, Graciano Paz Amieiro e Manuel Rodríguez Núñez foron homenaxeados este sábado en Mondoñedo, 80 anos despois do seu asasinato pola súa militancia na CNT e na USG
Preséntase a mostra fotográfica O Vigo que [NON] sorrí, unha vintena de retratos de persoas residentes en varios barrios da cidade que buscan "visibilizar a exclusión social na que malviven milleiros de vigueses e viguesas". A iniciativa conta co apoio de varios colectivos sociais e responde a unha exposición patrocinada polo Concello que amosaba cidadáns sorrintes.