As temperaturas chegarán este venres aos 38 graos en Ourense e aos 34 en Vigo e Pontevedra, manténdose por debaixo dos 30 no norte de Galicia. Os valores mesmo aumentarán o sábado e o domingo, acadando os 40 graos na provincia ourensá.
Fálase
Adriana Lastra será a vicesecretaria xeral do PSOE e José Luis Ábalos o secretario de Organización. Patxi López estará na Executiva do partido, da que Óscar Puente, alcalde de Valladolid, será o portavoz.
O Eurogrupo desbloquea 8.500 millóns máis para o rescate de Grecia. Desa cantidade, 5.600 millóns destinaranse ao pagamento da débeda
O Concello de Lugo retira a placa franquista que permanecía no colexio público Manuel Mallo, en Nadela. O goberno local cumpre así un acordo do pleno que, lembra, implica tamén "solicitudes a outras administracións para que eliminen símbolos franquistas" nos seus edificios na cidade, caso por exemplo do instituto Lucus Augusti.
Albert Rivera advirte de que se oporá a un goberno "alternativo" ao PP apoiado polo PSOE, Podemos e "os separatistas". Durante as campañas das xerais o líder de Ciudadanos asegurou que non apoiará a continuidade de Rajoy "e o seu equipo" no poder. Recólleo eldiario.es
VÍDEO | O persoal do 112 en folga traslada as súas reivindicacións á sede central da Xunta cunha caravana de automóbiles. A mobilización polas consecuencias do traslado do servizo de Emerxencias á Estrada e contra a "precariedade" mantense dende o pasado mes de abril.
Este xoves inaugurouse na Coruña Acampa pola Paz e o Dereito ao Refuxio, un evento con catro xornadas de debates, exposicións, concertos e outras actividades que buscan sensibiilzar a poboación sobre a situación que atravesán millóns de refuxiados e refuxiadas.
Mar Barcón renuncia á súa acta de concelleira na Coruña logo de 15 anos. O seu posto será ocupado por Pilar Neira, ex-seleccionadora galega de fútbol.
A débeda pública da Xunta situouse no primeiro trimestre de 2017 nos 11.582 millóns de euros, o máximo da serie histórica. Son 728 millóns máis que no trimestre anterior. Consulta aquí todos os detalles
A partir deste xoves desaparece o roaming nos países da UE; dende hoxe chamar por teléfono ou navegar dende calquera país terá o mesmo prezo que no país de orixe do usuario ou usuaria