VÍDEO | O persoal do 112 en folga traslada as súas reivindicacións á sede central da Xunta cunha caravana de automóbiles. A mobilización polas consecuencias do traslado do servizo de Emerxencias á Estrada e contra a "precariedade" mantense dende o pasado mes de abril.
Fálase
Este xoves inaugurouse na Coruña Acampa pola Paz e o Dereito ao Refuxio, un evento con catro xornadas de debates, exposicións, concertos e outras actividades que buscan sensibiilzar a poboación sobre a situación que atravesán millóns de refuxiados e refuxiadas.
Mar Barcón renuncia á súa acta de concelleira na Coruña logo de 15 anos. O seu posto será ocupado por Pilar Neira, ex-seleccionadora galega de fútbol.
A débeda pública da Xunta situouse no primeiro trimestre de 2017 nos 11.582 millóns de euros, o máximo da serie histórica. Son 728 millóns máis que no trimestre anterior. Consulta aquí todos os detalles
A partir deste xoves desaparece o roaming nos países da UE; dende hoxe chamar por teléfono ou navegar dende calquera país terá o mesmo prezo que no país de orixe do usuario ou usuaria
Milleiros de persoas participaron na concentración convocada en Vigo para demandar a conexióm directa por AVE con Madrid, criticando que a cidade de convirta nunha "sucursal ferroviaria" do norte.
A Policía tramitará 400 propostas de sanción de ata 30.000 euros de multa para os e as participantes na marcha de protesta polo desaloxo do Escárnio e Maldizer.
O Concello de Vigo organiza este serán un "concerto reivindicativo" para reclamar un "AVE directo" a Madrid por Cerdedo, unha conexión dende Ourense sen apenas dotación orzamentaria que o Goberno de España prevé, despois do recente pacto con Foro Asturias, para 2025. O PP vigués xa anunciou que asistirá e a Marea de Vigo, que non irá, pide "explorar alternativas" máis "realistas" ca esta, que custaría uns 2.000 millóns.
A Federación Ecoloxista Galega presenta alegacións á construción da macroincineradora de biomasa en Curtis. A FEG denuncia o "impacto ambiental moi negativo" dun proxecto que foi recuperado pola Xunta tras a modificación da lexislación.
O fiscal xefe de Ourense pide que sexa xulgada a muller que denunciou a Baltar polo suposto ofrecemento de emprego por sexo. A causa contra Baltar foi arquivada o pasado maio, cando a xuíza resolveu tamén o arquivo da imputación da denunciante. Segundo Florentino Delgado, os Baltar foron "presionados" para delinquir.