A Policía tramitará 400 propostas de sanción de ata 30.000 euros de multa para os e as participantes na marcha de protesta polo desaloxo do Escárnio e Maldizer.
Fálase
O Concello de Vigo organiza este serán un "concerto reivindicativo" para reclamar un "AVE directo" a Madrid por Cerdedo, unha conexión dende Ourense sen apenas dotación orzamentaria que o Goberno de España prevé, despois do recente pacto con Foro Asturias, para 2025. O PP vigués xa anunciou que asistirá e a Marea de Vigo, que non irá, pide "explorar alternativas" máis "realistas" ca esta, que custaría uns 2.000 millóns.
A Federación Ecoloxista Galega presenta alegacións á construción da macroincineradora de biomasa en Curtis. A FEG denuncia o "impacto ambiental moi negativo" dun proxecto que foi recuperado pola Xunta tras a modificación da lexislación.
O fiscal xefe de Ourense pide que sexa xulgada a muller que denunciou a Baltar polo suposto ofrecemento de emprego por sexo. A causa contra Baltar foi arquivada o pasado maio, cando a xuíza resolveu tamén o arquivo da imputación da denunciante. Segundo Florentino Delgado, os Baltar foron "presionados" para delinquir.
O Congreso rexeita a moción de censura de Unidos Podemos ao Goberno de Rajoy con 170 votos en contra, 82 a prol e 97 abstencións. PP e Ciudadanos opuxéronse e o PSOE, como anunciara, optou pola abstención. O máis destacado da segunda xornada do debate, esta tarde en Praza.gal.
Santander di que procurará unha solución aos accionistas minoritarios do Popular que perderon os seus cartos. Asegurouno o seu vicepresidente, Juan Manuel Cendoya. Milleiros de posuidoras de títulos do antigo Pastor preparan demandas xudiciais en Galicia.
Máis de tres mil raios caeron en Galicia este martes, nomeadamente na provincia de Ourense e no sur da de Lugo. Este mércores manteranse as temperaturas altas no interior (34 de máxima en Ourense e 31 en Lugo) e máis frescas na costa (21 graos na Coruña)
As persoas nacidas de 1965 a 1985 serán os que máis perderán coa reforma das pensións, segundo unha simulación realizada pola Fundación de Estudios de Economía Aplicada
O catastrazo no campo dispara case un 20% o IBI do rural en Galicia en 2016. Os concellos baten récord de recadación, con 14,3 millóns
A moción de censura a Rajoy continuará este mércores. Durante a mañá intervirá entre outros o portavoz de EnMarea, Antón Gómez-Reino. Mantense a incógnita de quen pechará o debate, se Iglesias ou Rajoy. Pola tarde, levarase a cabo a votación, de viva voz.