Podemos Galicia asegura que as súas siglas non van ser "un problema" para apoiar as mareas nas municipais de 2019. Afirmouno a secretaria xeral da formación e vicevoceira parlamentaria de En Marea, Carmen Santos, que augura un fácil "entendemento" cara aos comicios. Recólleo Faro de Vigo
Fálase
Marea Atlántica presentarase ás municipais como partido e non pactará coaligarse con Podemos. Acudirá aos comicios coa súa propia marca, tal e como explicita nos seus documentos para renovar a súa organización interna.
SOS Sanidade Pública insta a cidadanía a mobilizarse contra o "empobrecemento" do sistema sanitario e chama a saír á rúa nas concentracións deste mércores e na gran mobilización do día 4 de febreiro. Médicos denuncian o "abandono" da Atención Primaria, tal e como denunciou en Praza.gal o voceiro da plataforma convocante das protestas.
22 minutos de demora na viaxe inaugural do AVE Madrid-Castellón, presidida este luns por Mariano Rajoy. En Galicia o AVE a Madrid non estará rematado ata ben entrada a próxima década.
O Supremo rexeita a petición da Fiscalía de reactivar a orde de deter a Puigdemont pola súa viaxe a Dinamarca. Está a contalo eldiario.es. A conferencia na que participa en Copenhage pódese seguir nesta ligazón de Facebook Live.
O presidente do Parlamento de Catalunya "certifica que o único candidato" á presidencia da Generalitat é Puigdemont. Roger Torrent "propón" a Rajoy un encontro para "analizar e dialogar sobre a situación anómala" de que parte dos deputados "vexan vulnerados os seus dereitos políticos".
O ex-número tres do PPdeG advirte de que manexa probas do uso de diñeiro negro no partido en Galicia que "utilizará se necesita" no xuízo da Gürtel, segundo a información que publica este luns o xornal El Mundo. Ao contrario que Pablo Crespo, o líder da trama, Francisco Correa, si estaría xa disposto a ofrecer xa unha "confesión xeral" sobre o financiamento ilegal do partido para obter beneficios na súa condena.
Libera! denuncia ante o Valedor do Pobo o campionato de caza do raposo celebrado este sábado en Dozón. 14 animais resultaron mortos, nunha xornada na que se viviron momentos de tensión entre os cazadores e manifestantes que protestaban contra esta práctica.
Puigdemont viaxou a Dinamarca a pesar do aviso de que a Fiscalía solicitaría una euroorde de detención se saía de Bélxica. O político colleu un voo á sete da mañá en Charleroi, en dirección a Copenhague.
O Obradoiro volve á senda dos triunfos ante Bilbao Basket cunha vitoria por 84-74. Na LEB Ouro o Breogán segue líder nunha xornada con pleno de vitorias galegas: o equipo de Lugo impúxose 96-74 ao Valladolid, o Ourense superou ao Clavijo por 59-69 e o Básquet Coruña gañou 80-99 ao Araberri.