Así controla e limita a Fundación Franco o acceso a case 30.000 documentos oficiais dixitalizados grazas ao diñeiro público. Relátao o xornalista Carlos Hernández nesta reportaxe: Unha visita (obrigada) á Fundación Francisco Franco
Fálase
O Supremo impide que Oriol Junqueras, Jordi Sànchez e Joaquim Forn saian da cadea para ir ao Parlament.
Catalunya e Galicia encabezaron en novembro a redución no ritmo de creación de empresas, segundo os datos publicados este venres polo INE. Durante 2016 seis de cada dez concellos galegos perderon empresas.
A Eurocámara propón a celebración das eleccións europeas entre o 23 e o 26 de maio de 2019. Os gobernos estatais teñen agora que determinar a data exacta e no caso español, a xornada elixida será con toda probabilidade o día 26, cadrando así coas eleccións municipais e mais coas autonómicas na maioría das comunidades 'de vía lenta', que como normal xeral se celebran o cuarto domingo de maio cada catro anos.
A praia do Rostro (Fisterra) e outros areais da Costa da Morte énchense de botes de leite condensado ou paquetes de tabaco, parte da carga que hai uns días caeu ao mar dende o buque “MSC Eloane” a 40 millas da costa. Cóntao Que Pasa na Costa
O Colexio Oficial de Psicoloxía detectou 31 casos de intrusismo en Galicia en 2017. Entre as situacións investigadas están a de exercer sen contar coa titulación, publicidade enganosa, ou anunciarse como especialista sen contar coa debida formación
O Goberno impón un límite do 50% do gasto aos ministerios ata que haxa orzamentos. Os gastos adicionais terán que contar co visto bo do Ministerio de Facenda
A Audiencia Nacional cita a Villar-Mir para tomarlle as pegadas por un documento ligado á trama corrupta Lezo, na que está investigado. Está a contalo eldiario.es
A Audiencia de Pontevedra ratifica a condena de Raúl Francés, alcalde do Porriño polo BNG entre 2003 e 2010, por un delito continuado de prevaricación. Francés foi inhabilitado oito anos e medio por contratar a tres asesores de xeito irregular malia os reparos postos polo secretario municipal.
A ex-ministra Elena Salgado defende que a reforma do artigo 135 da Constitución fíxose para salvar os servizos públicos e evitar o rescate do país. “En parte o logramos e en parte non”, di a socialista na súa comparecencia na comisión de investigación do Congreso sobre o rescate financeiro.