A Xunta mantén Asturias e Castela e León fóra da obriga de control polo coronavirus de viaxeiros que cheguen a Galicia nunha nova actualización da listaxe na que están nove comunidades. As comunidades veciñas saíron o 22 de decembro dunha lista na que a nivel europeo xa estaba Portugal, que se mantén coa obriga, e na que a agora o Goberno galego incorpora tamén a Francia.
Fálase
Galicia leva administradas 20.265 vacinas das 37.555 que recibiu, segundo os últimos datos publicados polo Ministerio de Sanidade este xoves pola tarde. Isto supón o 54% das unidades recibidas, unha porcentaxe que case duplica a media española (27,9%). Galicia é a segunda comunidade autónoma, despois de Asturias, que administrou unha maior proporción das súas vacinas. Estes datos supoñen, ademais, que xa están vacinadas case a metade das usuarias/os e persoal das residencias de maiores, que suman 42.000 persoas.
Portugal non descarta un novo confinamento semellante ao de marzo e volve establecer o toque de recollida ás 13 horas en todos os concellos con máis de 240 novos casos por 100 mil habitantes ante o importante aumento de casos de COVID, cuns 10.000 novos ao día.
O Goberno central licita o dragado da ría do Burgo por 48,6 millóns de euros logo de anos de atraso. O delegado do Goberno, Javier Losada, anuncia un prazo de execución de 26 meses duns traballos que comezarán este ano.
Calvos de Randín rexistrou a temperatura máis baixa en Galicia nas últimas horas, con 11,9 graos baixo cero. En Baltar ou Verín os termómetros roldaron os -10 graos esta mañá. O récord da temperatura máis baixa corresponde a Xinzo de Limia, onde os termómetros baixaron ata os 19 graos baixo cero o 1 de xaneiro de 1971. Xunqueira de Espadanedo (-15,5), Viana do Bolo (-15) e Calvos de Randín (-14,4) rexistraron tamén valores moi reducidos en anos anteriores.
O Congreso dos Estados Unidos ratifica a vitoria electoral do demócrata Joe Biden tras interromperse este mércores o proceso polo asalto de seguidores de Donald Trump ao Capitolio. [Imaxe: Congress.gov]
Tras ser desaloxado, o Capitolio retomou o proceso de ratificación de Biden como presidente dos Estados Unidos e Twitter bloqueou a conta de Donald Trump, na que seguiu denunciando “roubo” das eleccións despois de que este mércores seguidores seus interrompesen a sesión parlamentaria que analizaba as posibles obxeccións dos estados aos resultados do pasado 3 de novembro.
O proceso para a elección de Joe Biden como presidente dos Estados Unidos, interrumpido pola irrupción de manifestantes pro Trump no Capitolio. Ampliamos aquí a información: Seguidores de Trump asaltan o Capitolio e interrompen a ratificación de Biden como presidente dos Estados Unidos.
A xustiza condena un home a nove meses de prisión por ameazar por Twitter a Xulio Ferreiro con "meterlle un tiro no occipital". Un xulgado da Coruña condénao tamén a indemnizar o ex-alcalde da Coruña con 2.000 euros.
A Comisión Europea autoriza a vacina de Moderna horas despois de que a Axencia Europea do Medicamento aprobase o fármaco. "Con esta segunda vacina autorizada teremos 160 millóns de doses máis", di Ursula von der Leyen, presidenta da Comisión.