O proceso para a elección de Joe Biden como presidente dos Estados Unidos, interrumpido pola irrupción de manifestantes pro Trump no Capitolio. Ampliamos aquí a información: Seguidores de Trump asaltan o Capitolio e interrompen a ratificación de Biden como presidente dos Estados Unidos.
Fálase
A xustiza condena un home a nove meses de prisión por ameazar por Twitter a Xulio Ferreiro con "meterlle un tiro no occipital". Un xulgado da Coruña condénao tamén a indemnizar o ex-alcalde da Coruña con 2.000 euros.
A Comisión Europea autoriza a vacina de Moderna horas despois de que a Axencia Europea do Medicamento aprobase o fármaco. "Con esta segunda vacina autorizada teremos 160 millóns de doses máis", di Ursula von der Leyen, presidenta da Comisión.
O diario La Vanguardia distribúe O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas, co seu exemplar deste 6 de xaneiro. O diario que dirixe Jordi Juan ofrece a obra do escritor galego polo Día de Reis.
A Axencia Europea do Medicamento aproba a vacina de Moderna, que deberá agora recibir o visto e prace da Comisión Europea. É a segunda farmacéutica que recibe a autorización para que o seu fármaco sexa utilizado nas campañas de vacinación contra a COVID en Europa.
Sanidade medita limitar a mobilidade por idade nas áreas da Coruña e Santiago coas restricións que decidirá o vindeiro venres tras o importante aumento de casos de COVID. Adiantouno o conselleiro, Julio García Comesaña, nunha entrevista en EsRadio, na que advertiu de medidas xerais para frear a mobilidade da poboación xeral "e particularmente doutros colectivos, especialmente por idades". Asturias xa pediu á mocidade entre 15 e 25 anos que restrinxa a súa vida social.
O xulgado arquiva a denuncia contra o alcalde de Ourense polas doazóns ao seu partido ao non probarse que fosen condicionadas. Antigos compañeiros de Democracia Ourensana que deixaron en minoría a Jácome levaron en setembro á Fiscalía o uso dos fondos públicos e as doazóns de parte dos salarios que cargos públicos e asesores realizan á formación. Desde aquela Jácome goberna en minoría ante o veto do PP ao portavoz socialista malia ser o máis votado.
O paro rexistrado sobe un 1,13% en Galicia en decembro, a un total de 190.000 persoas, 2.100 máis que hai un mes e 24.000 máis que hai un ano. Ampliamos aquí a información: A pandemia destrúe 18.000 empregos en 2020 en Galicia, que volve aumentar o persoal en ERTE.
A neve condiciona a circulación en diversas estradas do norte e o leste de Galicia. Na imaxe, a A-6 á altura de Guitiriz ás nove da mañá deste luns. [Imaxe: DGT]
9.500 persoas recibiron ata este domingo a primeira dose da vacina contra a COVID-19 en Galicia, segundo informa Sanidade. A consellería comunicouno a través das redes sociais unha semana despois de comezar a administrar o pasado domingo as primeiras 500 doses e tras recibir o martes outras 18.000.