As intensas treboadas deixan máis de 2.000 raios en Galicia en apenas oito horas, a maior parte nas comarcas máis interiores da provincia de Lugo. Así o detectou Meteogalicia.

As intensas treboadas deixan máis de 2.000 raios en Galicia en apenas oito horas, a maior parte nas comarcas máis interiores da provincia de Lugo. Así o detectou Meteogalicia.
Torra advirte de que "non aceptará" unha condena aos líderes independentistas que van ser xulgados polo proceso soberanista catalán. O presidente da Generalitat afirmouno nun discurso no Teatro Nacional de Catalunya no que sinalou as prioridades políticas do seu Goberno para os vindeiros meses.
Xavier Domènech abandona a política: deixa os seus cargos en En Comú e Podem e renuncia ao seu escano no Parlament
Pais e nais de Allariz convocan protestas para todos os días desta semana ante a delegación de Educación en Ourense tras negarse a Xunta este luns a crear unha nova aula na vila malia superar as actuais o máximo de alumnos fixado por lei.
"Cada día son máis feminista, pero tonterías as xustas”, di Ana Pastor, presidenta do Congreso, que rexeita dicir “señorías e señoríos”. “Pódenmo crer, non era, pero cada día sono máis”, di a popular pontevedresa.
A Audiencia de Pontevedra iniciará o próximo martes o xuízo contra os 'miguelianos', apoiados durante anos pola Igrexa antes de consideralos seita. A Fiscalía pide para o seu líder, Miguel Rosendo, 66 anos de cárcere por 21 delitos, entre eles contra a liberdade sexual.
O regreso do derbi galego á liga ACB de baloncesto xa ten data e hora: Breogán e Obradoiro enfrontaranse en Lugo o sábado, 27 de outubro, ás 18:00, segundo fixa o calendario feito público este martes. O partido de volta, en Santiago, disputarase o 2 ou 3 de marzo.
As inscricións nas oficinas de emprego aumentaron en 1.012 en agosto en Galicia, ata 164.424. Son 16.701 menos que hai un ano. No mesmo mes a afiliación á Seguridade Social descendeu no país en 1.158 persoas, ata as 1.020.388, 21.497 máis que en agosto de 2017. Máis información, hoxe en Praza.gal.
Un terremoto con epicentro fronte á costa portuguesa á altura de Coímbra percíbese en diversos puntos de Galicia. Acadou unha magnitude de 4,6 graos, segundo o IGN.
O Goberno central cesa a directora xeral que autorizou un sindicato de “traballadoras sexuais”. A ministra de Traballo admitira que lle meteran “un gol” ao dar luz verde á creación dese sindicato fronte á posición abolicionista do Executivo.