El Diario entrevista David Fernández (CUP): "O problema do Estado español é que non sabe nin gañar nin perder, só sabe vencer"
Fálase
O Goberno de Rajoy adía a presentación dos Orzamentos de 2018 e non desbota unha prórroga dos actuais por falta de apoios parlamentarios. As actuacións do Executivo central a respecto de Catalunya poñen en cuestión que o PP poida volver contar co PNV para sacar adiante as contas.
A Estación Espacial Internacional será visible esta noite dende Galicia. Vén de anuncialo Ignazio Magnani, que fai seguimento do percorrido da estación a través da súa conta de Twitter.
O Parlamento aproba a nova lei de benestar animal, que incorpora medidas como a prohibición dos circos con animais e incrementa a protección de diversas especies fronte ao maltrato, pero mantén as touradas ao deixalas fóra do seu ámbito de aplicación. O texto só tivo o apoio do PP.
VÍDEO | O BNG esixe a devolución do patrimonio espoliado polos Franco cunha nova ocupación simbólica, desta volta na casa Cornide da Coruña. Consulta aquí toda a información
O PP rexeita a comparecencia de Marcial Dorado e Feijóo no Senado como pedía Podemos. A maioría absoluta dos populares na Cámara Alta permítelles seguir en solitario coa súa investigación política das contas de PSOE, Podemos e Ciudadanos, que deixaron de asistir ás reunións da comisión.
A CIG sinala que a empresa concesionaria do servizo de cafetería do Hospital Clínico de Santiago, Aramark, recoñeceu a instalación dunha cámara oculta na sala de descanso do persoal e que con ela buscaba supostamente investigar un "descadre de caixa".
A Fiscalía citará a declarar aos responsables das navieiras pola sobrevenda de billetes ás illas Cíes. Investiga se hai indicios de estafa e falsidade documental tralo informe remitido pola Xunta
O independentismo busca blindar os puntos de votación do 1-O para frear a intervención policial. Os comités de defensa do referendo, repartidos por todo o territorio catalán, estudan a posibilidade de concentrarse xa antes do domingo nos centros elixidos polo Govern para votar
O Concello de Lugo estende a limitación de velocidade a 30 quilómetros a dúas céntricas avenidas tras implantala na Ronda da Muralla. A prioridade do tráfico peonil e a "coexistencia" coas bicicletas é a base para tomar a decisión en Ramón Ferreiro e Rodríguez Mourelo e foi demandada polos numerosos centros educativos da zona, sinala a alcaldesa da cidade, Lara Méndez. Esta limitación é xeralizada no centro de Pontevedra e existe en áreas doutras cidades como A Coruña ou Santiago.