O Concello de Lugo estende a limitación de velocidade a 30 quilómetros a dúas céntricas avenidas tras implantala na Ronda da Muralla. A prioridade do tráfico peonil e a "coexistencia" coas bicicletas é a base para tomar a decisión en Ramón Ferreiro e Rodríguez Mourelo e foi demandada polos numerosos centros educativos da zona, sinala a alcaldesa da cidade, Lara Méndez. Esta limitación é xeralizada no centro de Pontevedra e existe en áreas doutras cidades como A Coruña ou Santiago.
