A xornalista Isabel Bravo gaña o Premio de Xornalismo 'Somos Esenciais' 2020, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en colaboración con Gadis, pola peza Cando as preguntas aínda non tiñan resposta, emitida en Radio Coruña - Cadena Ser. Os membros do xurado destacaron a capacidade da comunicadora para "pór en valor a información local e darlle voz ás fontes expertas no primeiro día de estado de alarma".
O xurado decidiu conceder unha mención especial como finalista á reportaxe La uci del covid, desde dentro: «No somos héroes», publicada por Ángel Paniagua en La Voz de Galicia.