Só Andalucía, Euskadi e La Rioja seguen coa obriga de control polo coronavirus de viaxeiros que cheguen a Galicia. Na actualización da lista publicada este martes no DOG tampouco está boa parte de Europa.
Fálase
O Burela alarga a súa xeira triunfal e logra a súa cuarta liga tras impoñerse 2-5 ao Futsi Atlético Torrejón na final do playoff polo título. É o cuarto campionato ligueiro e noveno título consecutivo das guerreiras laranxas. (Imaxe: Burela FS)
Ana Pontón e Gabriel Rufián defenden “o diálogo político e a negociación fronte á espiral da bronca das dereitas de Colón”. A portavoz nacional do BNG e o deputado de ERC mantiveron un coloquio en Santiago retransmitido na canle de Youtube da formación.
Ione Belarra, ministra de Dereitos Sociais, substitúe a Pablo Iglesias como secretaria xeral de Podemos co 85% dos votos da IV Asemblea Cidadá da formación.
A Asemblea Xeral da ONU aprobará o venres a continuidade do portugués António Guterres como o seu secretario xeral ata 2026 tras validalo as principais potencias no Consello de Seguridade do pasado martes.
Un incendio de máis de 180 hectáreas ameazou vivendas a pasada noite en Maceiras, no concello de Salvaterra. No Courel outro lume leva afectadas máis de cen hectáreas. [Imaxe de arquivo de @BrifLaza dun incendio esta primavera]
Dous incendios activos este sábado no Xurés e no Courel tras dous meses sen que a Xunta informase de lumes de máis de 20 hectáreas ou que afectasen a espazos protexidos. Este venres a Xunta declarou época de perigo alto de incendios o período entre o 1 de xullo e o 30 de setembro. [Imaxe de arquivo da Xunta do Xurés CC-BY-SA].
Un xulgado de Pontevedra condena o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán (PP) por chamar "chacha para todo" de Abel Caballero á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva (PSdeG). A sentenza, que é recorrible, considera que Durán incorreu nun delito leve de falta de respecto e consideración debida á autoridade no exercicio das súas funcións e impón a Durán unha multa de 12 euros ao día durante un mes. Cóntao Pontevedra Viva
A Xunta introduce unha corrección de erros nos cambios nas restricións pola COVID-19 que entran en vigor esta medianoite para aclarar que toda a hostalería que conte con medidor de CO₂ pode xa abrir esta noite ata a 1 da madrugada.
- MAPA INTERACTIVO | Restricións da Xunta pola COVID-19 dende as 00:00 do sábado, 12 de xuño
O corpo achado no fondo do mar en Tenerife é o dunha das dúas nenas secuestradas polo seu pai. Segundo informa Canarias Ahora, na zona continúan os labores de busca. Anna e Olivia foron secuestradas hai un mes e a Garda CIvil abordou a investigación como desaparición "de alto risco". Na actualidade, en Galicia está en trámite unha reforma legal para que a lei contra a violencia machista recoñeza como vítimas ás mulleres cuxos fillos son asasinados, isto é, a violencia vicaria. Na imaxe, da TV Canaria, pescudas nunha lancha propiedade do pai. Colectivos feministas están a convocar concentracións de repulsa en vilas e cidades para este serán baixo o lema Inundemos as rúas fronte á barbarie machista.