Ione Belarra, ministra de Dereitos Sociais, substitúe a Pablo Iglesias como secretaria xeral de Podemos co 85% dos votos da IV Asemblea Cidadá da formación.
Fálase
A Asemblea Xeral da ONU aprobará o venres a continuidade do portugués António Guterres como o seu secretario xeral ata 2026 tras validalo as principais potencias no Consello de Seguridade do pasado martes.
Un incendio de máis de 180 hectáreas ameazou vivendas a pasada noite en Maceiras, no concello de Salvaterra. No Courel outro lume leva afectadas máis de cen hectáreas. [Imaxe de arquivo de @BrifLaza dun incendio esta primavera]
Dous incendios activos este sábado no Xurés e no Courel tras dous meses sen que a Xunta informase de lumes de máis de 20 hectáreas ou que afectasen a espazos protexidos. Este venres a Xunta declarou época de perigo alto de incendios o período entre o 1 de xullo e o 30 de setembro. [Imaxe de arquivo da Xunta do Xurés CC-BY-SA].
Un xulgado de Pontevedra condena o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán (PP) por chamar "chacha para todo" de Abel Caballero á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva (PSdeG). A sentenza, que é recorrible, considera que Durán incorreu nun delito leve de falta de respecto e consideración debida á autoridade no exercicio das súas funcións e impón a Durán unha multa de 12 euros ao día durante un mes. Cóntao Pontevedra Viva
A Xunta introduce unha corrección de erros nos cambios nas restricións pola COVID-19 que entran en vigor esta medianoite para aclarar que toda a hostalería que conte con medidor de CO₂ pode xa abrir esta noite ata a 1 da madrugada.
- MAPA INTERACTIVO | Restricións da Xunta pola COVID-19 dende as 00:00 do sábado, 12 de xuño
O corpo achado no fondo do mar en Tenerife é o dunha das dúas nenas secuestradas polo seu pai. Segundo informa Canarias Ahora, na zona continúan os labores de busca. Anna e Olivia foron secuestradas hai un mes e a Garda CIvil abordou a investigación como desaparición "de alto risco". Na actualidade, en Galicia está en trámite unha reforma legal para que a lei contra a violencia machista recoñeza como vítimas ás mulleres cuxos fillos son asasinados, isto é, a violencia vicaria. Na imaxe, da TV Canaria, pescudas nunha lancha propiedade do pai. Colectivos feministas están a convocar concentracións de repulsa en vilas e cidades para este serán baixo o lema Inundemos as rúas fronte á barbarie machista.
A dirección central do PP lanza un vídeo de Feijóo para pedir sinaturas contra os posibles indultos do Goberno de España aos líderes independentistas cataláns condenados na causa do procès. Na gravación, o presidente da Xunta e do PP en Galicia acusa o Executivo de Pedro Sánchez de "desafiar o poder xudicial".
O Consello da Xunta propón os festivos de ámbito galego do calendario laboral de 2022. Entres os habituais non figura o 1 de maio e o 25 de Nadal por cadrar en domingo.
A Xunta outorga as Medallas Castelao a Santiago Pemán, Xoán Luís Saco Cid, Esther Eirós, Manuel Vila López e o Centro Superior de Hostalería. O Goberno galego recoñece cos galardóns ao histórico home do tempo da TVG, o catedrático ex-presidente da Fundación Otero Pedrayo, a xornalista especializada en turismo, o mestre lucense que traballa pola integración dos xitanos e o centro fomativo.