eldiario.es explica quen está detrás da manifestación convocada este sábado contra a investidura de Rajoy. En Galicia son múltiples os exemplos de cargos electos que participaron en protestas de todo tipo na rúa, mesmo ante o Parlamento.
Fálase
Pedro Sánchez comparece ás 12.30 horas no Congreso para explicar que vai facer esta tarde na investidura de Rajoy.
Este sábado Rajoy será previsiblemente investido presidente do Goberno para un segundo mandato. A lexislatura ten pendentes de resolver diversas cuestións fundamentais para Galicia.
A Xunta pechará os seis primeiros quilómetros do Corredor do Morrazo do 2 de novembro ata o 23 de xaneiro. A conselleira Ethel Vázquez argumenta que así as obras de desdobramento en autovía, que en principio non ían interromper o tráfico, avanzarán máis rápido e con menos riscos.
Menores dun centro de acollida concertado coa Xunta denuncian agresións físicas dos coidadores. Os nenos describen violencia verbal e física continuada por parte das relixiosas do Hogar de San José de las Hermanas de la Caridad de Vigo. Cóntao Público.
Docentes, pais, nais e alumnado celebran a decisión de deixar sen efecto as reválidas pero ven o paso insuficiente
O proxecto Feminicidio.net salienta que dende 2010 se cometeron en España 681 feminicidios, 45 deles en Galicia. A cifra é moi superior ás 390 mortes por violencia machista recollidas nas cifras oficiais.
Valonia levanta o seu veto ao CETA despois de acadar algunhas melloras menores. Bélxica consultará ao Tribunal de Xustiza da UE se os tribunais de arbitraxe que prevé o acordo son compatibles coa lexislación europea. A UE e Canadá asinarán, polo tanto, o tratado de libre comercio que funciona como antesala do TTIP.
O PP rexeita na Mesa do Parlamento a proposta do PSdeG sobre a AP-9 para pedirlle explicacións ao Congreso polo bloqueo do debate da súa transferencia a Galicia.
Rajoy perde a primeira votación da súa investidura. O sábado producirase a segunda, que previsiblemente gañará grazas a que o PSOE cambiará a súa postura do 'non' á abstención.