Rajoy perde a primeira votación da súa investidura. O sábado producirase a segunda, que previsiblemente gañará grazas a que o PSOE cambiará a súa postura do 'non' á abstención.
Fálase
O Supremo ratifica o sobresemento da causa sobre o asasinato de José Couso. Rexeita presentar cuestión de inconstitucionalidade contra a última reforma da xustiza universal.
Feijóo di que a Xunta, unha das poucas comunidades que está a aplicar a Lomce, pedira ao Goberno que as reválidas non teñan efectos académicos. Saliéntao logo de que Rajoy veña de anunciar na súa investidura unha medida que xa estaba contemplada na norma.
Rajoy anuncia na investidura cambios nas reválidas da LOMCE que están aprobados dende xullo, cun decreto que modificou os seus efectos académicos para este curso.
Hernando defende a abstención do PSOE na investidura de Rajoy porque "España a necesita". Crónica dende o Congreso en eldiario.es
#EPA O paro descendeu en 16.200 persoas en Galicia no terceiro trimestre do ano, son 16.100 menos que hai un ano. O emprego incrementou en 23.900 persoas, e o balance de ocupación é de 18.900 persoas máis que no mesmo trimestre de 2015. Toda a información, hoxe en Praza.
A Mesa do Parlamento aborda este xoves a proposta do PSdeG para que a Cámara defenda o traspaso da AP-9 ante o Congreso polo intento de veto do Goberno de Rajoy. Os socialistas apostaron por esta vía no canto da "fronte común" promovida polo BNG e secundada por En Marea. O PP defende que "non é o momento".
A UE cancela o cumio con Canadá sobre o acordo de comercio CETA, freado polo Parlamento de Valonia.
A primeira ministra británica manifestouse contra a saída da UE pouco antes do 'Brexit', que agora defende. The Guardian revela as manifestacións de Theresa May cando era ministra do Interior do Reino Unido.
O recibo da luz encadea seis meses de subas e apunta a novos incrementos no remate do ano. Cóntao eldiario.es