A representación no Teatro da Zarzuela de Madrid da obra Maruxa está a recibir apupos dunha parte minoritaria do público no momento en que recrea a recollida de chapapote do Prestige, conta El País.
Fálase
A DGT admite retencións en Rande esta mañá polas obras pendentes mes e medio despois da inauguración e que o ministro de Fomento anunciara en horario nocturno para minimizar o seu impacto. O corte ao tráfico de parte dos carrís mantívose tamén en horario diurno.
O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos condena a España por maltrato policial aos autores do atentado de ETA no aeroporto madrileño de Barajas, no que morreron dúas persoas. Recólleo eldiario Norte
Xuristas e penalistas de todo o Estado asinan un manifesto conxunto contra a cadea perpetua revisable e o endurecemento desta condena que impulsa o Goberno central. O texto impulsado polo Grupo de Estudos de Política Criminal ten participación galega, como a do voceiro de Xuízas e Xuíces para a Democracia, Xermán Varela.
O PP gábase de non dedicar "nin un segundo" a falar de Ciudadanos mentres medra o temor interno ao ascenso na intención de voto aos de Rivera. Así o reiteraron tras a xuntanza de dirixentes territoriais do partido en Madrid, na que participou Feijóo.
Este martes 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio, centrado este ano do deporte. O portal Escolas nas Ondas difundirá ao longo da xornada as producións elaboradas polo alumnado de escolas galegas e portuguesas. Denís Suárez, xogador do FC Barcelona nacido en Salceda de Caselas, envioulle unha mensaxe a Ponte...nas Ondas! convidando á participación.
As nevaradas volven causar problemas en diversos puntos da rede viaria no interior de Galicia, tamén nalgunha vía de alta capacidade como a autovía A-6 pola contorna do límite provincial entre A Coruña e Lugo. Na imaxe, a A-6 en Baamonde. Pódese consultar o estado das estradas neste mapa interactivo.
75 membros da Eurocámara instan a revogar a representante española no Tribunal de Dereitos Humanos polas súas posturas homófobas. Cóntao eldiario.es
O sadense Jorge Pena completou este domingo a fazaña de cruzar o océano Atlántico a remo, despois de 58 días, 18 horas e 49 minutos de travesía. Pena partiu da illa canaria da Gomera a mediados de decembro e chegou hoxe á illa caribeña de Antigua. Comezou acompañado de Jesús de la Torre, pero este tivo que abandonar nos primeiros días da carreira. Porén, Jorge Pena decidiu continuar