Este martes 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio, centrado este ano do deporte. O portal Escolas nas Ondas difundirá ao longo da xornada as producións elaboradas polo alumnado de escolas galegas e portuguesas. Denís Suárez, xogador do FC Barcelona nacido en Salceda de Caselas, envioulle unha mensaxe a Ponte...nas Ondas! convidando á participación.
Fálase
As nevaradas volven causar problemas en diversos puntos da rede viaria no interior de Galicia, tamén nalgunha vía de alta capacidade como a autovía A-6 pola contorna do límite provincial entre A Coruña e Lugo. Na imaxe, a A-6 en Baamonde. Pódese consultar o estado das estradas neste mapa interactivo.
75 membros da Eurocámara instan a revogar a representante española no Tribunal de Dereitos Humanos polas súas posturas homófobas. Cóntao eldiario.es
O sadense Jorge Pena completou este domingo a fazaña de cruzar o océano Atlántico a remo, despois de 58 días, 18 horas e 49 minutos de travesía. Pena partiu da illa canaria da Gomera a mediados de decembro e chegou hoxe á illa caribeña de Antigua. Comezou acompañado de Jesús de la Torre, pero este tivo que abandonar nos primeiros días da carreira. Porén, Jorge Pena decidiu continuar
O informe da Fiscalía Superior de Galicia para determinar se houbo "planificación coordinada" na vaga de incendios do pasado mes de outubro está "practicamente concluido" sen atopar "evidencias da existencia de trama ninguna", sinala o fiscal delegado de Medio Ambiente, Álvaro García Ortiz, que xa noutras ocasións foi rotundo a negar a suposta trama, en contra do que unha e outra vez defenden a Xunta ou o Goberno central. Houbo 4 persoas detidas, sen relación entre si.
Galegos e galegas con pensións de Venezuela manifestaranse este martes en Vigo para demandarlle á Xunta e ao Goberno español o acceso a axudas sociais, pois levan dous anos sen recibir dende Caracas estes cartos. O Goberno galego vén negando sistematicamente o pagamento da RISGA e doutras prestacións a pensionistas que carecen de calquera outro ingreso.
Un estudo do Centre d'Estudis Demogràfics da UAB alerta do prexuízo que poden sufrir as persoas nacidas entre 1960 e 1975, que permitiron durante anos soster o sistema de pensións e van atopar unhas prestacións moi inferiores ás actuais. As novas pensións levan catro anos conxeladas en Galicia, e no conxunto de España suman xa dous anos de descensos
Hoxe celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Lembramos esta Ducia de mulleres científicas galegas que publicamos o ano pasado. De María Wonenburger, Celia Brañas e Ana María Prieto a Ángeles Alvariño, Alicia Estévez, Josefina F. Ling ou Pilar Fernández Otero.
Oriol Junqueras afirmou este sábado, ao facer 100 días en prisión, que "o mellor agasallo que nos podedes facer hoxe é formar goberno en Catalunya". A secretaria xeral de ERC, Marta Rovira, reclamou rigor e non facer "acordos a medias" para acadar unha investidura