Oriol Junqueras afirmou este sábado, ao facer 100 días en prisión, que "o mellor agasallo que nos podedes facer hoxe é formar goberno en Catalunya". A secretaria xeral de ERC, Marta Rovira, reclamou rigor e non facer "acordos a medias" para acadar unha investidura
Fálase
Israel bombardea Siria despois de interceptar un dron iraní procedente do país árabe. As defensas antiaéreas sirias derrubaron cando menos un avión israelí.
Concelleiros do BNG de 20 localidades afectadas polo proxecto da megamina de Touro visitan o lugar para protestar contra os prexuízos que a instalación tería para as terras da contorna e tamén para o río Ulla e a Ría de Arousa.
A Consellería de Sanidade abre por lei a contratación de médicos de fóra da UE para paliar o actual déficit de profesionais. Unha emenda do PP introduce esta opción para "dotar de seguridade xurídica" e "evitar problemas legais" á incorporación de extracomunitarios ao cadro de persoal
Os falecementos ligados á gripe ascenden en Galicia a 107 nos meses transcorridos da tempada de vixilancia, que comeza en outubro, segundo os últimos datos do Sergas. Son tres máis que en toda a tempada 2015-16, pero seguen por baixo das mortes rexistradas na 2016-17. O período de vixilancia esténdese ata maio. Os falecementos por esta enfermidade acadaron máximos no que vai de século tras décadas de descensos.
Ciudadanos promove unha lei no Congreso que implicaría que a Xunta poida incorporar persoal que descoñeza o galego. Cóntao eldiario.es. As primeiras actuacións do partido de Rivera en Galicia fora a participacións en accións contra o ensino en galego.
Adif contrata o remate da estación de Vigo-Urzáiz sete anos despois de tirar a anterior. O prazo de execución é de 30 meses, polo que a obra non estará rematada ata unha década despois de que a cidade quedase sen a anterior terminal.
O Goberno xustifica ampliar a prisión permanente revisable porque o avalan as enquisas. “O 80% dos votantes de todos os partidos apoian esta medida”, asegura o ministro de Xustiza, Rafael Catalá. Porén, ningunha asociación de xuíces e fiscais nin ningún outro partido avala a decisión.
O Celta con Siniestro Total e o Dépor, con Xoel López. O deseñador Pepe Dus redeseña as camisolas de equipos de fútbol combinándoas coas bandas de música ligadas a eles ou ás súas cidades. Todos os deseños, na súa conta de Twitter.
O alcalde de Cangas advirte de que cobrará aos vigueses por aparcar nas praias se Caballero fai que o aparcamento do novo hospital de Vigo sexa gratis só para os vigueses.