Varios hospitais británicos, vítimas tamén dun ataque ransomware a grande escala
Fálase
O Goberno de España volve desbotar transferir a AP-9 a Galicia tres días despois de que o Parlamento galego o volvese pedise por unanimidade. Así o reiterou o titular de Fomento, Íñigo de la Serna, tras o Consello de Ministros: "a titularidade ten que estar onde está", advertiu na mesma xornada en que o PPdeG se gabou de "poder facer o mesmo discurso a nivel local, autonómico e nacional", en verbas de Miguel Tellado.
A sede central de Telefónica, inmersa nun ataque informático con petición de "rescate" económico. Iberdrola e Gas Natural Fenosa piden ao seu persoal que apague os ordenadores como medida preventiva. Está a contalo eldiario.es
Os alcaldes de Zaragoza (Zaragoza en Común), A Coruña (Marea Atlántica), Valladolid e Huesca (ambos do PSOE) asinan un artigo conxunto en contra da disposición adicional 27 dos Orzamentos Xerais do Estado, á que acusan de dificultar os procesos de remunicipalización e de "socavar o principio de autonomía local"
Un novo atraso na autovía Santiago-Lugo abócaa a 30 anos de obras. Fomento, como recolle El Progreso, vén de adxudicar un dos treitos máis problemáticos do vial, o de Melide a Palas de Rei, que conta con dotación nos Orzamentos de 2017. O proxecto remóntase a hai máis de dúas décadas e foi escenario de tres inauguracións durante o ano electoral de 2015.
VÍDEO | A afección do Celta despediu con orgullo os seus xogadores en Manchester ao caeren nas semifinais da Europe League nun partido en que os de Berizzo foron superiores ao United de José Mourinho, co que empataron a 1 gol, ficando a eliminatoria nun 2-1 definitivo.
O PP aproba unha proposición no Parlamento para mudar o nome do Hospital da Costa de Burela por "Hospital Público da Mariña Lucense". Segundo os populares, a proposta está ligada ao trixésimo aniversario do centro, ao inicio das obras de ampliación e á intención de "representar de forma máis axeitada a todos os veciños da súa área de influencia", ademais de "continuar coa promoción da marca da Mariña".
Ferroatlántica solicita oficialmente á Xunta a segregación das súas actividades na Costa da Morte para poder vender as centrais. Vén de adiantalo nun comunicado oficial. Máis información, esta tarde en Praza.
O xuíz envía a prisión comunicada e sen fianza ao acusado de matar o seu fillo en Oza-Cesuras. Impútalle delitos de homicidio ou asasinato e contra a integridade física e moral da súa ex-muller. O caso está a ser abordado no xulgado de violencia contra a muller e o presunto asasino acolleuse ao dereito a non declarar.
VÍDEO | O Congreso aproba a proposición do PSOE para exhumar a Franco do Valle de los Caídos e desenvolver aspectos pendentes da lei de memoria histórica. A iniciativa saíu adiante sen os votos do PP e o Goberno de España non ten a obriga legal de aplicala.