VÍDEO | A afección do Celta despediu con orgullo os seus xogadores en Manchester ao caeren nas semifinais da Europe League nun partido en que os de Berizzo foron superiores ao United de José Mourinho, co que empataron a 1 gol, ficando a eliminatoria nun 2-1 definitivo.
Fálase
O PP aproba unha proposición no Parlamento para mudar o nome do Hospital da Costa de Burela por "Hospital Público da Mariña Lucense". Segundo os populares, a proposta está ligada ao trixésimo aniversario do centro, ao inicio das obras de ampliación e á intención de "representar de forma máis axeitada a todos os veciños da súa área de influencia", ademais de "continuar coa promoción da marca da Mariña".
Ferroatlántica solicita oficialmente á Xunta a segregación das súas actividades na Costa da Morte para poder vender as centrais. Vén de adiantalo nun comunicado oficial. Máis información, esta tarde en Praza.
O xuíz envía a prisión comunicada e sen fianza ao acusado de matar o seu fillo en Oza-Cesuras. Impútalle delitos de homicidio ou asasinato e contra a integridade física e moral da súa ex-muller. O caso está a ser abordado no xulgado de violencia contra a muller e o presunto asasino acolleuse ao dereito a non declarar.
VÍDEO | O Congreso aproba a proposición do PSOE para exhumar a Franco do Valle de los Caídos e desenvolver aspectos pendentes da lei de memoria histórica. A iniciativa saíu adiante sen os votos do PP e o Goberno de España non ten a obriga legal de aplicala.
Anticorrupción denuncia a Iberdrola por manipular varias das súas centrais, entre elas as galegas, para subir o prezo da luz. Adiántao El País. Competencia xa sancionara a eléctrica en 2015 por este episodio, acontecido en 2013 en varios complexos hidroeléctricos. Un deles foi ampliado recentemente con obras inauguradas a comezos deste ano.
A segunda xornada de controis na fronteira galego-portuguesa pola visita do Papa comeza con menores retencións entre Tui e Valença. Na imaxe, os vehículos no límite fronteirizo na A-55 esta mañá.
A deputada de En Marea Luca Chao tramita unha redución do seu salario para "poder axudar nas fins de semana" no posto de comida da súa parella. A Comisión do Estatuto do Deputado aprobou o cambio da dedicación exclusiva da parlamentaria por outra parcial, segundo avanzou Europa Press na súa web.
Abanca segue a expandirse e tras declarar novos beneficios abre unha financeira en México e unha oficina no Brasil. Recólleo Faro de Vigo
VÍDEO | O ex-presidente brasileiro Lula da Silva declara ante o xuíz na controvertida operación xudicial na que é investigado. "Estou sendo julgado por um Power Point mentiroso", afirma. Tras cinco horas de declaración o ex-mandatario advertiu: "Estou vivo e me preparando para voltar a ser candidato" Está a contalo Carta Capital