O ministro de Fomento reitera que o Goberno de España non vai acceder á transferencia da AP-9 a Galicia, que o Parlamento galego pediu por unanimidade. Íñigo de la Serna asegurou nunha entrevista na Cadena SER que o gabinete de Rajoy se mantén no bloqueo porque "é unha autoestrada da rede estatal e o Estado ten que ter competencias". Mentres, na Radio Galega, o deputado do PP de Ourense e presidente da comisión de Fomento no Congreso atribuíu o "non" á situación política catalá.
