ÚLTIMA HORA | A Audiencia Nacional ve indicios para xulgar a Fernández de Sousa e a antiga cúpula de Pescanova por oito delitos societarios. Consulta aquí toda a información

ÚLTIMA HORA | A Audiencia Nacional ve indicios para xulgar a Fernández de Sousa e a antiga cúpula de Pescanova por oito delitos societarios. Consulta aquí toda a información
"Espanhóis invadem as flores portuguesas com as suas abelhas", destaca Público na súa portada. Os apicultores lusos denuncian o traslado de 120 mil colmeas dende Salamanca para "pastar" en territorio portugués, subliñando que esta ocupación se realiza sen apenas controis.
O CIS mantén o PP como forza máis votada en España, pero en descenso, e eleva a Ciudadanos á térceira posición. Os populares terían o 26,3% do voto válido, apenas 3 puntos por diante do PSOE (23,1%) e algo máis de seis puntos máis que os de Rivera (20,7%). Unidos Podemos e as súas confluencias serían cuarta forza, na contorna do 19%.
Detido o narco galego Sito Miñanco en Algeciras nunha operación contra o narcotráfico e o branqueo de capitais. Tamén foi detida unha das súas fillas en Cambados. Consulta aquí a información
Arxentina captura un barco de Marín “pescando ilegalmente” na súa Zona Económica Exclusiva. A Prefectura Naval arxentina informa de que o Playa Pesmar Uno, con 34 tripulantes e 320 toneladas de pescado procesado a bordo, está a ser inspeccionado e de que o capitán acatou as ordes de deter a navegación e non levantar a rede que tiña botada ao mar.
As áreas montañosas de Lugo e Ourense e mais o interior de Pontevedra están hoxe en alerta amarela por neve. O aviso tamén é amarelo en todo o litoral por mor do vento, segundo detalla Meteogalicia
A antiga xefa da Fiscalía de Barcelona freou unha investigación contra Albiol, líder do PP catalán, en vésperas das eleccións de decembro. É unha exclusiva de eldiario.es
A edil Milagros Castro, nova secretaria xeral do PSOE en Santiago. Lidera a única lista que se presentou na asemblea para renovar a executiva.
Milleiros de persoas acoden a Lalín na 50ª edición da Feira do Cocido, a "catedral da gastronomía galega".
En marcha xa a concorrida manifestación contra a nova Lei de Saúde e pola sanidade pública. Milleiros de persoas ateigan o centro de Compostela. Toda a información, hoxe en Praza.gal.