Castelao volve á vida (dixital) nun tráiler da exposición sobre o Alba de Gloria que o Consello da Cultura Galega organiza do 7 de novembro ao 3 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres.
Fálase
O Ensino Lugo gaña na casa 83 - 65 ao Universitario de Ferrol no derbi galego na máxima categoría do baloncesto feminino. A local Atonye Nyingifa, con 23 puntos e 30 de valoración, foi a xogadora máis destacada.
A partir deste sábado as mulleres europeas traballan gratis o que queda de ano. Así se reflicte no calendario a diferenza salarial entre homes e mulleres na Unión Europea, que en Galicia saíu case intacta da crise e que foi un máis dos motivos que o pasado 8 de marzo desencadeou a folga feminista.
Feijóo estréase na campaña electoral andaluza salientando que nunca viu “tanto macho alfa e tanto personalismo en política” como en PSOE, Podemos e Ciudadanos. Hai menos dun mes, no debate anual de política xeral, o propio presidente recorreu ao personalismo para confrontar a súa figura coa de Pedro Sánchez.
CUAC FM volve ás ondas ás 13.34 horas deste sábado no dial 103.4 da FM coruñesa. O TSXG anulou esta semana a prohibición da Xunta de seguir emitindo. Ampliamos aquí a información sobre a programación especial deste sábado.
Gonzalo Caballero xa é oficialmente o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta. A comisión de garantías electorais dos socialistas vén de proclamalo este venres tras constatar que non houbo outros aspirantes. O PSdeG é a primeira das grandes formacións que xa ten candidato.
O bispo de Ourense, Leonardo Lemos, carga contra a participación da infancia en festas de Samaín ou Halloween por "rir da morte", que é algo "moi serio". Recólleo a edición ourensá de Faro de Vigo
Insultos na galería do autor que fixo unha pintada na tumba de Franco. O establecemento considérao "unha manifestación dun sentimento contrario" e dirá que a manterá no escaparate unha semana "a modo de performance".
O xuíz que encarcerou a Lula será o ministro de Xustiza do ultradereitista Bolsonaro. Sérgio Moro condenou a Da Silva por corrupción pasiva e lavado de diñeiro.
Cuac FM retoma este xoves as súas emisións en FM, aínda en probas, logo de que o TSXG anulase a decisión de Xunta e permitise emitir á radio comunitaria. A volta oficial ás ondas será este vindeiro sábado ás 13:34 horas.