O BNG propón á militancia unha coalición con forzas independentistas catalás e vascas para as eleccións europeas de maio. Sería un acordo "instrumental" con partidos das nacións sen Estado.

O BNG propón á militancia unha coalición con forzas independentistas catalás e vascas para as eleccións europeas de maio. Sería un acordo "instrumental" con partidos das nacións sen Estado.
Anticorrupción investiga os fondos reservados da policía política do PP. Unha peza secreta do caso Villarejo investiga os pagamentos ao chófer de Bárcenas a cambio de información comprometedor que puidese gardar o ex-tesoureiro.
Arnaldo Otegi propón que o independentismo catalán, galego e vasco acuda xunto a unhas futuras eleccións xerais. "Desde o PNV ata a CUP, di o coordinador xeral de EH-Bildu, que aposta por un "programa de mínimos" que inclúa un "referendo pactado".
VÍDEO | As afeccións de Deportivo e Oviedo berraron xuntas "Alcoa non se pecha" no encontro de onte en Riazor. O equipo galego venceu 4-0 ao asturiano. No Anxo Carro, o Lugo caeu 0-1 ante o Alcorcón. Foto: @GNACorunha.
O Goberno central prevé impedir por lei que haxa máis centros concertados que segreguen por sexo. A reforma da Lomce elimina a cláusula que defendía que a educación diferenciada non se considera discriminación por xénero.
Preséntase Pintabeizos Filolóxico, unha iniciativa para "acadar a normalización do noso idioma en todos os seus usos e funcións". Comeza promovendo que o termo pintabeizos sexa aceptado no dicionario da RAG (na actualidade só é valido lapis de labios ou barra de labios), servindo de exemplo simbólico do proxecto.
Os bancos non pagarán o imposto hipotecario cando presten o diñeiro a administraciones públicas, partidos, fundacións bancarias e Igrexa, que xa non tiñan que afrontar este tributo. Civio debulla o decreto ditado polo Goberno central tras o cambio de criterio do Supremo.
O bispo de Vigo-Tui afirma que non denunciou os abusos dos Miguelianos porque o seu "terreo" é o "moral". Luis Quinteiro Fiuza di que vítima lle comunicou que fora "forzada" a manter relacións sexuais co líder da orde, Miguel Rosendo e engade que a muller "entrou no xogo" e "deixouse un pouco". A Fiscalía pide 66 anos de cárcere para o líder dos Miguelianos.
Unha profunda borrasca situada ao oeste de Irlanda provoca a activación en Galicia de alertas laranxa e amarela por vento e chuvia. Meteogalicia ofrece os detalles.
Transparencia obriga o Porto da Coruña a entregar ao Concello coruñés informes sobre as irregularidades que investiga o Tribunal de Cuentas, documentación que a Autoridade Portuaria negara ao goberno local. Informa La Opinión de A Coruña