Unha profunda borrasca situada ao oeste de Irlanda provoca a activación en Galicia de alertas laranxa e amarela por vento e chuvia. Meteogalicia ofrece os detalles.

Unha profunda borrasca situada ao oeste de Irlanda provoca a activación en Galicia de alertas laranxa e amarela por vento e chuvia. Meteogalicia ofrece os detalles.
Transparencia obriga o Porto da Coruña a entregar ao Concello coruñés informes sobre as irregularidades que investiga o Tribunal de Cuentas, documentación que a Autoridade Portuaria negara ao goberno local. Informa La Opinión de A Coruña
Persoal galego de Alcoa participa arestora en Avilés na manifestación que clama contra o peche anunciado para as fábricas desa localidade e da Coruña. Foto: @TraballadoAlcoa
A Xunta cifra en 27 as “infraccións penais” rexistradas o pasado ano nos camiños de Santiago en Galicia. Segundo indicou a directora de Turismo no Parlamento a preguntas do PSdeG, foron “furtos menores, apenas nada” en comparación cos máis de 300.000 peregrinos ao ano que rexistran os 1.500 quilómetros de camiños que discorren por Galicia.
María Xesús Lama gaña o 'Premio Nacional de Ensaio' coa súa biografía Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863). (Imaxes: Galaxia)
Persoal de Alcoa maniféstase este xoves en Avilés contra o peche das factorías asturiana e coruñesa da multinacional. A marcha, que se prevé multitudinaria, desenvólvese na mesma xornada en que Feijóo e o presidente de Asturias, Javier Fernández, se reúnen en Madrid coas ministras de Industria e Transición Ecolóxica para abordaren o conflito. Na Coruña as mobilizacións contra o peche seguen o sábado.
Os Mossos d'Esquadra deteñen un francotirador que quería matar a Pedro Sánchez por ordenar a exhumación do cadáver do ditador Francisco Franco. O detido é un habitual de ambientes de ultradereita, segundo informa El Periódico de Catalunya.
O estadio compostelán de San Lázaro levará o nome da futbolista Verónica Boquete. Os catro grupos do Concello santiagués anunciarán este xoves o acordo, que pretende homenaxear a exitosa xogadora galega e subliñar a aposta polo deporte feminino. Consulta aquí toda a información sobre este recoñecemento.
Cospedal anuncia que abandona o seu escano no Congreso. Di que o fai "para liberar o PP de calquera ataque".
Un xulgado anula 156 nomeamentos en comisión de servizos de funcionariado do Concello da Coruña por excederen o límite de 2 anos para esta figura laboral na Administración. A sentenza, resultado dunha denuncia da CIG, atinxe a 79 designacións do actual goberno local, 71 da etapa do PP e 27 procedentes do mandato de PSdeG e BNG. Informa La Opinión de A Coruña