Persoal galego de Alcoa participa arestora en Avilés na manifestación que clama contra o peche anunciado para as fábricas desa localidade e da Coruña. Foto: @TraballadoAlcoa

Persoal galego de Alcoa participa arestora en Avilés na manifestación que clama contra o peche anunciado para as fábricas desa localidade e da Coruña. Foto: @TraballadoAlcoa
A Xunta cifra en 27 as “infraccións penais” rexistradas o pasado ano nos camiños de Santiago en Galicia. Segundo indicou a directora de Turismo no Parlamento a preguntas do PSdeG, foron “furtos menores, apenas nada” en comparación cos máis de 300.000 peregrinos ao ano que rexistran os 1.500 quilómetros de camiños que discorren por Galicia.
María Xesús Lama gaña o 'Premio Nacional de Ensaio' coa súa biografía Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863). (Imaxes: Galaxia)
Persoal de Alcoa maniféstase este xoves en Avilés contra o peche das factorías asturiana e coruñesa da multinacional. A marcha, que se prevé multitudinaria, desenvólvese na mesma xornada en que Feijóo e o presidente de Asturias, Javier Fernández, se reúnen en Madrid coas ministras de Industria e Transición Ecolóxica para abordaren o conflito. Na Coruña as mobilizacións contra o peche seguen o sábado.
Os Mossos d'Esquadra deteñen un francotirador que quería matar a Pedro Sánchez por ordenar a exhumación do cadáver do ditador Francisco Franco. O detido é un habitual de ambientes de ultradereita, segundo informa El Periódico de Catalunya.
O estadio compostelán de San Lázaro levará o nome da futbolista Verónica Boquete. Os catro grupos do Concello santiagués anunciarán este xoves o acordo, que pretende homenaxear a exitosa xogadora galega e subliñar a aposta polo deporte feminino. Consulta aquí toda a información sobre este recoñecemento.
Cospedal anuncia que abandona o seu escano no Congreso. Di que o fai "para liberar o PP de calquera ataque".
Un xulgado anula 156 nomeamentos en comisión de servizos de funcionariado do Concello da Coruña por excederen o límite de 2 anos para esta figura laboral na Administración. A sentenza, resultado dunha denuncia da CIG, atinxe a 79 designacións do actual goberno local, 71 da etapa do PP e 27 procedentes do mandato de PSdeG e BNG. Informa La Opinión de A Coruña
A borrasca que chegou onte a Galicia deixou ventos de 146 quilómetros por hora en Viveiro e 116 litros por metro cadrado de chuvia en Val do Dubra ou Lousame. Este mércores mellorará o tempo, aínda que as intensas chuvias e o forte vento regresarán o xoves e o venres, de novo con alerta laranxa no mar.
Trump perde o control do Congreso, aínda que os Republicanos manteñen a súa maioría no Senado. Os Demócratas poderán agora limitar a capacidade de acción do Presidente e investigalo