A Xunta non recorrerá a condena ao Sergas por arriscar a vida dunha muller á que enviou abortar a Madrid. Así o avanzou o PP no pleno do Parlamento e resposta a unha iniciativa do BNG na que a deputada Olalla Rodil defendeu "garantir o dereito do aborto na sanidade pública para todas as mulleres" e regular a obxección de conciencia.
