Rachan as negociacións entre Casado e Sáenz de Santamaría para a asignación de postos na nova dirección do partido. Está a contalo eldiario.es
Fálase
O Galícia de Bahia brasileiro e o Pontevedra CF asinan un convenio de colaboración neste Día Nacional de Galicia. O histórico club da emigración galega no Brasil e a entidade granate colaborarán na formación de técnicos e na captación de xogadores.
O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, lembra as vítimas de Angrois, do terrorismo, da violencia de xénero e de “calquera outra forma de violencia” na súa intervención como delegado real na Ofrenda ao Apóstolo.
O Tribunal de Xustiza da UE anula unha sentenza previa do seu inferior Tribunal Xeral comunitario que avalaba o 'tax lease' ou axudas fiscais ao naval. A nova sentenza [aquí pode lerse un resumo do propio tribunal] ordena devolver o asunto ao tribunal previo.
VÍDEO | O Portal das Palabras da RAG celebra o 25 de xullo co voo do Alba de Groria sobre o mapa de Fontán en versión tridimensional. Xusto hoxe o histórico discurso de Castelao cumpre 70 anos. Podes descargar aquí a súa primeira edición.
Sés e Rebeliom do Inframundo, entre os protagonistas da primeira noite do Festigal, que se desenvolve dende hoxe en Santiago. O Festigal 2018 ten simbolicamente na súa programación ao rapeiro Valtónyc como "rexeitamento á involución democrática" e na defensa da liberdade de expresión.
Comeza en Angrois o acto de homenaxe ás vítimas do sinistro do Alvia acontecido nesa parroquia de Santiago hai cinco anos.
En Marea protesta mediante un escrito á Mesa do Congreso por convocar pleno o 25 de xullo e pide "que se respecte a importancia do Día Nacional de Galicia".
Villares sinala Compromís como "o espello" onde debe mirarse En Marea. "Foron capaces de transmitir á sociedade que existe outro xeito de facer política”, di o portavoz da formación durante a visita da vicepresidenta da Generalitat valenciana a Compostela.
Pontón anima a Galiza Nova a sumar máis mocidade ao BNG e "ser o motor do cambio que precisa o país". A portavoz do Bloque apela “ao compromiso e inconformismo” da xente nova para sumala ao proxecto do nacionalismo durante o acto das mocidades da formación en Compostela.