VÍDEO | O Portal das Palabras da RAG celebra o 25 de xullo co voo do Alba de Groria sobre o mapa de Fontán en versión tridimensional. Xusto hoxe o histórico discurso de Castelao cumpre 70 anos. Podes descargar aquí a súa primeira edición.
Fálase
Sés e Rebeliom do Inframundo, entre os protagonistas da primeira noite do Festigal, que se desenvolve dende hoxe en Santiago. O Festigal 2018 ten simbolicamente na súa programación ao rapeiro Valtónyc como "rexeitamento á involución democrática" e na defensa da liberdade de expresión.
Comeza en Angrois o acto de homenaxe ás vítimas do sinistro do Alvia acontecido nesa parroquia de Santiago hai cinco anos.
En Marea protesta mediante un escrito á Mesa do Congreso por convocar pleno o 25 de xullo e pide "que se respecte a importancia do Día Nacional de Galicia".
Villares sinala Compromís como "o espello" onde debe mirarse En Marea. "Foron capaces de transmitir á sociedade que existe outro xeito de facer política”, di o portavoz da formación durante a visita da vicepresidenta da Generalitat valenciana a Compostela.
Pontón anima a Galiza Nova a sumar máis mocidade ao BNG e "ser o motor do cambio que precisa o país". A portavoz do Bloque apela “ao compromiso e inconformismo” da xente nova para sumala ao proxecto do nacionalismo durante o acto das mocidades da formación en Compostela.
Arde un catamarán turístico na ría de Arousa que cubría a ruta do Grove á Toxa. O 112 non ofrece, polo momento, datos de vítimas do sinistro. Máis información, nesta ligazón.
O Celta empezará a Liga en Balaídos contra o Espanyol na terceira fin de semana de agosto. O calendario da Primeira División sorteouse esta mañá en Madrid.
Os Fogos do Apóstolo volverán ser esta noite o comezo simbólico do Día Nacional de Galicia. Un espectáculo de cores e tamén de química que explican dende Moléculas en Galego.
En marcha a manifestación das vítimas do accidente do Alvia en Angrois polo centro de Santiago. Cinco anos despois do sinistro volven reclamar "verdade e xustiza" sobre o acontecido. A información ampliada da mobilización, aquí.