Arde un catamarán turístico na ría de Arousa que cubría a ruta do Grove á Toxa. O 112 non ofrece, polo momento, datos de vítimas do sinistro. Máis información, nesta ligazón.
Fálase
O Celta empezará a Liga en Balaídos contra o Espanyol na terceira fin de semana de agosto. O calendario da Primeira División sorteouse esta mañá en Madrid.
Os Fogos do Apóstolo volverán ser esta noite o comezo simbólico do Día Nacional de Galicia. Un espectáculo de cores e tamén de química que explican dende Moléculas en Galego.
En marcha a manifestación das vítimas do accidente do Alvia en Angrois polo centro de Santiago. Cinco anos despois do sinistro volven reclamar "verdade e xustiza" sobre o acontecido. A información ampliada da mobilización, aquí.
A Audiencia de Navarra mantén en libertade o garda civil de 'La Manada', que tentou anovar o pasaporte. Está a contalo eldiario.es
As primeira fase das visitas ao restaurado Pórtico da Gloria comezan o día 27 deste mes e continuará ata finais de setembro. O Cabido, a Fundación Catedral e a Xunta presentáronas este luns.
Casado acude este luns a Santiago a participar no funeral do ex-presidente Albor na Catedral de Santiago. É o seu primeiro acto como presidente do PP.
VÍDEO | Un coche derruba as cruces amarelas de Vic que reclaman a liberdade dos presos. A alcaldesa da localidade denuncia os feitos e pide "non caer nas provocacións".
Jorge Suárez advirte de que o Concello de Ferrol "non permitirá" que os restos de Franco sexan trasladados ao panteón que a familia ten na cidade e que foi "obtido a través de privilexios". O alcalde asegurouno en RNE logo de que se acreditase que o nicho familiar foi unha "concesión irregular".
Marta Pascal sae derrotada do Congreso do PDeCAT e deixará de ser coordinara da formación. David Bonvehí será o novo presidente.