Feijóo promete "finalizar a lexislatura" pero non aclara aínda se se presentará á reelección. "As cousas ao seu tempo", dixo nunha entrevista na Radio Galega.
Fálase
O Deportivo debuta na Primeira División feminina cunha clara vitoria (3-1) sobre o Espanyol en Abegondo. Dous goles de Alba Merino e un de Peke plasmaron a superioridade das galegas.
O Deportivo debuta este mediodía (12h, Abegondo, #Vamos) na Primeira División feminina de fútbol ante o Espanyol. O equipo coruñés devolve Galicia é elite e segue o ronsel do Karbo, club que conseguira varios títulos nos anos 80.
Falece o cantante Camilo Sesto aos 72 anos de idade. Así o comunicou esta mañá a súa conta oficial en Twitter.
Pedro Sánchez anuncia que Abel Caballero recuncará como presidente da FEMP. "Será unha honra volver contar contigo", díxolle o presidente do Goberno central ao alcalde de Vigo.
Vinte está de volta e trae novos temas para ler de vagar, entre eles, unha crónica do Festival Agrocuir da Ulloa
O persoal mobilizado da CRTVG protesta no #VenresNegro68CRTVG e advirte de que "nada cambia" nos medios públicos malia a nova programación. "O desmantelamento, o desprezo polo propio e a falta de imaxinación continúan instalados", aseguran.
Miguel Costas, Sés, Javier Gurruchaga, Tanxugueiras ou Mastodonte, entre as bandas e artistas confirmados para o San Froilán 2019. As patronais lucenses celébranse do 4 ao 12 de outubro e serán pregoadas por unha representación da familia Pelúdez, o personaxe ligado ás festas creado por Xosé Trapero Pardo. Segundo detallou á comisión de Festas a edil de Cultura de Lugo, Maite Ferreiro, os concertos serán un total de 49.
A Mesa pola Normalización Lingüística chama á mobilización tras coñecer que o Ministerio de Educación só admite traballos en castelán no certame universitario Arquímedes, que premia os mellores labores de investigación universitaria en todo o Estado.
Grado33. Un clásico do tecnopop galego na última serie de culto da HBO. No regreso de VINTE tras as vacacións coñecemos como revive 17 anos despois o interese pola música do vigués Carlos Ordóñez grazas á banda sonora de Los Espookys