Vinte está de volta e trae novos temas para ler de vagar, entre eles, unha crónica do Festival Agrocuir da Ulloa
Fálase
O persoal mobilizado da CRTVG protesta no #VenresNegro68CRTVG e advirte de que "nada cambia" nos medios públicos malia a nova programación. "O desmantelamento, o desprezo polo propio e a falta de imaxinación continúan instalados", aseguran.
Miguel Costas, Sés, Javier Gurruchaga, Tanxugueiras ou Mastodonte, entre as bandas e artistas confirmados para o San Froilán 2019. As patronais lucenses celébranse do 4 ao 12 de outubro e serán pregoadas por unha representación da familia Pelúdez, o personaxe ligado ás festas creado por Xosé Trapero Pardo. Segundo detallou á comisión de Festas a edil de Cultura de Lugo, Maite Ferreiro, os concertos serán un total de 49.
A Mesa pola Normalización Lingüística chama á mobilización tras coñecer que o Ministerio de Educación só admite traballos en castelán no certame universitario Arquímedes, que premia os mellores labores de investigación universitaria en todo o Estado.
Grado33. Un clásico do tecnopop galego na última serie de culto da HBO. No regreso de VINTE tras as vacacións coñecemos como revive 17 anos despois o interese pola música do vigués Carlos Ordóñez grazas á banda sonora de Los Espookys
Segue a actividade sísmica na provincia de Ourense. A pasada madrugada un terremoto con epicentro en Carballeda de Valdeorras acadou unha intensidade de 3,5.
A Xunta oficializa a remuda de José María Arias, ex-presidente do Banco Pastor, como presidente do Consello Social da Universidade de Santiago. A nova titular do posto é Cecilia Sierra, ex-concelleira do PP en Santiago e vicepresidenta de Urovesa
Un xuíz de Barcelona imputa oito inspectores de policía polas cargas do 1-O en Barcelona para impedir o referendo. Chama a declarar aos responsables dos axentes que actuaron en varios colexios da capital catalá.
O forte vento aviva o risco de lume, de nivel extremo en practicamente toda Galicia agás na Mariña . Medio Rural informa tamén dun incendio en Porto do Son que xa supera o limiar das 20 hectáreas, que a Consellería utiliza como referencia para facer públicos estes datos.
Varios tremores de terra atinxiron á provincia de Ourense nos últimos tres días. O máis intenso, esta noite, acadou unha intensidade de 3,3 e tivo o seu epicentro en Cartelle, segundo datos do IGN.